31 de dezembro de 2006

vaise o 2006 esa illa de cor,
máis,
o 2007 esperame,
sei q a ser sinselamente
unha ensenada

Tempo

ei subir a escaleira de coitelos,
sí, sí,
a mesma do apartamento de Marina abramovic,
e
dende alí,
vou coller todolos meus jrans de area e espallareinos mentras todos estean a durmir

un día destes ei despertar entre as enrrugas dos teus ollos e construirei un

leito

de pel salgada para que poidas amar a tódalas mulleres exiliadas en Insomniorizar.

Un leito branco e morno onde as enrrugas dos teus ollos se convirtan en pequenos infinitos, quizais como os que falaba Neruda, quizais como a metafora dun sorriso para sempre.

29 de dezembro de 2006



Comería a túa alma

coma quen come un ovo

doce
novo
perfecto microcosmos no seu óvalo de nacre.

Pinga d’ouro
mandorla
comería a túa alma sen casca
a túa alma sen culleres
sen caducidade.

Eterno almorzo da nenez de aldea.

Sen saber e sen querer saber
as nigromancias da tersura
qué escuro demo agocha
nin milagreiro sabor
sen chegar a adiviñar sequera
qué foi antes:a túa alma
ou a galiña.

Estíbaliz Espinosa (A Coruña, 1974).

as enrrugas dos ollos


Graciñas por os 46 bicos destas tardes navideñas nas que soñamos co exilio,
este bico e especialmente fermoso,
fermosisimo,
salgado e pejañento, aquí quedará,
na miña pel
e deixareino secar,
ao sol do inverno
Foto: oviño cosido
MAR DE FORA

En Mar de Fóra
a penas se percibe a luz do día.

E o frío arde
nos tombos da mudez máis arraigada.

E todo fica estraño
e silencioso
como unha sombra
enxoita de paisaxes.

En Mar de Fóra
adoito se mesturan
as artes do tributo máis efémero:
herdanza de salitre
-a nosa-
de homes e mulleres salitrosos.

Porque levamos no silencio
o rostro e a palidez salgada do traballo.
Ese traballo inxel
de remendar nas redes do encaixe máis absurdo.

En Mar de Fóra
as redes son o berce
onde aniñamos, nós,
alén da luz escura
que nos sinala o día.
Do poemario Mar de ausencias 2000
Modesto Fraga (Fisterra-A Coruña, 1974)

28 de dezembro de 2006


Foto dun ovo cosido, quentiño, quentiño, gracias Pablo



Dime se se pode medir


A distancia que separa


A túa boca do meu ventre


O cemiterio de peixes


Onde habitan as algas


O lugar exacto dos corpos


Onde nos matamos cada vez


Mais xuntos.




(...)




Estamos aquí


De costas á lúa


Con toda a pel mollada


E os brazos ateigados de febre


(o amor é para nós


un cruce de dores e vacíos)


pola fiestra entran os morcegos


e as outras gueivotas xa se foron


hai


alomenos


tres minutos
coa pel mollada e a cara triste


somos un lugar
un lugar de cetáceos




Fragmentos de dous poemas de Estevo Creus (Cee-A Coruña, 1971), do poemario AREADOS

23 de dezembro de 2006





sempre,
cando regreso da biblioteca,
antes de cruzar a rúa dos monelos,
alí,
sempre estas mirándome


os 6 ollos líquidos

CANÇÃO DOS OLHOS LÍQUIDOS

Esses olhos mais que líquidos,
de transparência infinita,
olhos de pedra preciosa
que me fitavam em fuga,

Mãos rudes de garimpeiro.
esses olhos trespassados
de liquidez sem fundo,
olhos gemas verdadeiras,
(e não quinquilharias...),
águas profundas em cor,
espaço e tempo indefinidos.

Esses olhos preciosos,
esmeralda-do-brasil,
olhos mineradores
de lavra descomunal,
perscrutadores, devassantes,
microvisão essencial.

Esses olhos preciosos,
olhos líquidos
trespassados, vãos,
gemas a garimpar,
transparência sem fim,
olhos capazes de amar,
esses olhos, bem sei,
olhos de água e punhal
pertencem somente a ti (vostedes)

Esses teus (vosos) olhos líquidos...

Versos de Salomão Rovedo (1947) desde Rio de Janeiro

outros poemas do autor en:

ANDAR 21

o outro día dicíalle a isa que foi fermoso voltar a casa, que numancia 14 foi fermoso, pero que vós sodes Palmira, que sempre o fúchedes. Gracias polo voso abrigo, pola tortilla de porros, por quentarme os pes nestas noites de friaxe.

201206








as armas e o tempo










e numancia 14 chegou a Rostro





























e chegáchedes...



e o ceo estaba a espiar o voso sono,mentras repousabades nas tumbas húmidas de bonaval








13 de dezembro de 2006

o meu ceo espéravos


mañá comeremos castañas

baixo a farola

noutra ocasión xa comentara o rica que estaba isa, pois si ai que poñerlle un sabor, isa está tan rica coma a súa tarta de queixo

o sorriso dun 22 de maio no 2003








4 de dezembro de 2006

máis tránsito


Quero vivir

para sempre nun aeroporto

colgada dos avisos de embarque,

de saltimbamqui, dun aviso a outro

Quero inundar

de bagoas tódolos aeroportos,

convertilos en portos,

pero desta vez,

de augas cristalinas

e peixes de cor azul