18 de maio de 2006

14 de maio 2006.



Atopei unha fiestrla, que conecta ca miña casa atlántica en:

Carrer de Calabria con Provenza
foto Vladimir Vera
Y después de hacer todo lo que hacen, se levantan, se bañan, se entalcan, se perfuman,
se peinan, se visten, y así progresivamente van volviendo a ser lo que no son.


Julio Cortázar

10 de maio de 2006

Cuatro esquinitas tiene mi cama


Félix Fernández

Perteneciente a la serie1.000 maneras de dormirtranquilo.
Proyecto becado por el INJUVE.

Fotografía sobre aluminio
100x80 cms.
2004


os insomnios feitos arte, sinxelamente, insomnio.

8 de maio de 2006

Supoño que fai tempo que non che escribía deste xeito, quizaís xa non recordaba ou xa estaba esquecendo que eu che escribía deste xeito

ascensor

Paso as noites
evitando as fendas
provocadas polo ruído do ascensor
Paso as mañas
rememorando a brisa do sar


no Carme de abaixo


e agora pásoas quenturas recordando as túas verbas
tralo gusto salgado da túa pel
as verbas transparentes como a auga dun día tranquilo de norte,
ou mellor,
como a auga dun día de vendaval a piques de mudar para norte


xa e demasiado tarde
para afogar tódalas verbas ditas en san Xoán,


e demasiado tarde


para collerte no meu colo
e contarte ese conto para durmir que falaba dunha nena que esperaba no patio do colexio onde había un fonte redonda a que chegara o autobús que a levaría cara iso q a súa avoa chamaba cidade mentras miraría pola fiestra, subiría os seus calcetíns amarelos, plancharía a saia cas palmas das mans e apretaría a goma do pelo q suxeitaba a súa coleta.

tódalas nenas da miña idade levan camisetas de raias,
e a pel chea de lunares,

somos como coladores
todas esperamos que a dor nos esgote,
resbare polos buratiños
e tan só
o que quedase
sexa tan máxico como para calmalo todo,


o vento do norte
as queimaduras do sol,
os contos para non durmir.

3 de maio de 2006

cosmopoética


mimá!
abrín a fiestrela e atopeime nesta cidade,
non podía dar crédito.

xenial!