28 de Fevereiro de 2009
19 de Fevereiro de 2009
desta árbore
Nestes días, díxeron que insomniorizar é unha desas árbores virtuais que non caen nin cun temporal de forza 8 coma o sufrido hai días, pois caer non cae, pero esta árbore, como vides observando dende o inicio do ano, anda ca raizame cara arriba. O certo e que os folgos fallan para atar un corda e volver poñelo ben xeitoso, consultei a compañeiros, e vexo que andan máis ou menos igual, o Klaus, atacou tanto no Ribeiro, como no Sardiñeiro, como polas terras do Norte, o amigo blogovic xa deu conta do espíritu de apatía 2.0, e presenta os mesmo síntomas que esta árbore.
Nestes días miroo de esguello pola fiestra , non vai ser que me sinta culpable por deixalo secar, despois volvo a rutina diaria, dos 4 cafés coma mínimo e leo sobre a poda, revolvo no o furado da compostaxe para poñerme mans a obra cando teña folgos. Quizais hoxe sexa o día, non sei si acompaña a lúa,pero hoxe vai soliño; so espero que non sexa demasiado tarde.
"En época de mentiras, dicir a verdade é un acto revolucionario" George Orwell. Nestes días, non esgotei o meu repertorio de historias que prantar, de feito, teño aljunhas gardadas dende fai meses que prometín sachar. Contarvos, máis cousas das xentes do Ribeiro, como Abel, un dos habitantes do Barbantiño, tamén do señor do saúdo permanente de Barbantes, da ruta dos Arrieiros e de Fonte Antiga, falarvos como non, do Barbantiño, do exilio forzoso de Castrelo de Miño, jaja!, comentar a miña cruzada contra o facebook, e moito máis agora, jejje. E como non , contarvos do crecemento da miña nova árbore na 2.0, a única que resistíu intacta ao temporal de forza 8, presentarvos o meu primeiro debuxo animado, feito co rejaliño dos reis.... Ou sen dúbida, seguir debatindo sofre os temporais, a desidia, e a apatía 2.0 que tan ben, como xa dixen antes, define o amigo blogovic.
Por certo, chousa e cuspe de pita,seino, tamen debo un lote de productos da miña terra, sexa do Sardiñeiro, sexa do Ribeiro, terei que ir preparando a cesta!
p.d: Graciñas jopiño, por dar conta desta árbore ferida, tamén a circoalienigena, por tantos folgos....e proximamente falarei do facebook, jaja, que teño janas! ou do sentimento offline, ou....
30 de Janeiro de 2009
5 de Janeiro de 2009
Hoxe noite de maxestades ando nerviosa e non durmo!

Pois xa está, xa se foi o 2008!
A verdade e que ultimamente xa lle tiña aljo de manía o ano par este, e dende comezo do nadal ( que repito, non me justa nada nadiña) andaba con ansiedade por cambiar de ano.
Serei parviña, como si zas!, o cambiar de ano, mudaran as cousas e todo foxe brillante como as pozas conxeladas do Barbantiño neste días.
A verdade e que a pesar de todo o 2008 foi o ano que máis colgada desta rede andiven, fose polos motivos laborais ou por ocio, se boto contas, estiven a metade do tempo navegando por estes ríos, e da outra metade que me queda estiven bastante, Miño arriba, Miño abaixo, un chisco moi pequerrechiño nas augas das pozas de Tourón, 0 nas augas atlánticas e máis do que nunca pensara, despedíndome nos cementerios.
Ahhh, pero tamén estivo a Xuntanza en Agolada, que tantos folgos me deu e me sigue a dar, este ano foi tamén o dos/das alumnos e alumnas da miña aula de Castrelo de Miño, que viven con tanto entusiasmo como o seu alcalde esto da internet,os blogues, e a fotografía e dende fai días o feixebuk ( eu polo de ajora señores e señoras non me atoparán por eses lares).
E ooooooooooooooooooooooohhh! Mimadriña, tamén, sí, tamén foi o ano das entradas, dos post, da web 2.0 da camara de fotos nova, así pois escribín non so dende o insomnio, senón tamén no Restaurante Lestón, en Castrelo de Miño, en Leiro, na Rede de Dinamización, contei moitas destas cousas da rede no Enrédate, dinlle vidilla ao Picasa 3, tolei e namoreime do Ubuntu, aprendín das maravillas do software libre co Brenlla e co Victor, compartín horas de traballo con Tamara, Bárbara e Víctor entre outros.
Ai, moito moitos contidos para unha cabeciña tan dispersa como a miña, estresada andiven con tanta leria, que si o flocos, que si o zeembo, que si os fillos, e o panoramio, e mimadriña o Reader que aljo de tempo me aforrou....ai unha casa chea !
E que dicirvos, como rematei o ano....
jajja,
- pois creando un novo blogue co que estou moi ilusionada, e que pronto vos presentarei.
- Pedíndolle os reis unha tableta gráfica para debuxar e fedellar todavía máis cas miñas fotos e crear aljún que outro dibuxo animado.
E sabedes como o empecei, jajajjajaja
- Por fin, dedicandolle tempo a miña conta de flickr, jajaj ajora ando enjanchadiña por eso as veces me vedes pouco ou caladiña polo blogspot. Uff, pero hoxe non paro eh! Mira que falo e falo, jejej debe ser que estou nerviosa por que é a noite de reis, e teño máis insomnio ca nunca.
Ai, que caerá na miña friestrela!
Boa noite a todos e a todas, xa me contaredes que vos trouxeron!
Ah! e bo anonove!
Assinar:
Postagens (Atom)








