1 de fevereiro de 2008

O monstruo de Castrelo de Miño: a anguía da picaraña

Pois xa tou plenamente instalada por estas augas, polas súas néboas. É un pracer cando aí, a media mañá vou cara o traballiño, acompañada da corrente do Miño, no coche, escoitando a Andrés Dobarro e o tren; e xa cando chego a San Paio,non dubido en parar uns segundos , para ver a inmessidade das augas, e dende hoxe, tentar albiscar a anguía da picaraña.

Si, sí, por que en Castrelo de Miño, temos mostruo.Non temos, nada, nadiña de envexa, nin de vergoña en dicilo.

Hoxe, o compañeiro Alfredo, chegou co recorte do periódico, dun diario xa desaparecido en con data de 17 de outubro do 1990. Si, sí, verídico! así pois extraín algúns pedaciños da nova:

Segundo a opinión mantida contra vento e marea por Suso Conde Cunqueiro, e avalada por numerosos veciños do lugar, entre eles afamados pescadores históricos de anguilas, como o mesmo Suso Conde, das profundidades abismales do embalse de Castrelo de Miño, emerge nas horas máis escuras da noite para ocultarse aos comezos do alba, un telúrico espécime semellante a unha enorme anguila dun tamaño tan desproporcionado e estraño, a tenor da impresionante oleaxe que producen os seus movementos que leva a Suso Conde, experto coñecedor de todas as beiras do embalse, a considerar esta bicha _ un dos múltiples nomes dados_, como un verdadeiro monstro mariño, semellante aos que anidan na imaxinación soñadora do noso atávico orixe ancestral conectado directamente á prehistórica existencia animal da que todos procedemos.


“este foi un detalle de fai uns vinte e pico anos, de cando cubriron o salto. Meu avó, diuselle por ir sacar uns postes a veiga, e foi o detalle, de que no cruceiro cóllese o camiño para as veigas, e o chegar abaixo levaba un pico na man para desenterrar os postes, para que non quedaran atorados pola auga. E entón foi o detalle, ve a ánguila da picaraña, mandalle a picaraña a cabeza, e a anguía empeza a correr polo camiño abaixo, polo río abaixo.”

“A anguía era tan grande que meu avó comentouno a todo o pobo, e tamén a viron logo máis xente. Meu avó quedou abraido polo tamaño da bicha, e iso que o meu avó non se sorprendía por esto de calquer maneira, xa que que él foi pescador de anguías toda a vida”


En canto o tamaño dicía: “
eu que sei,… sobre catorce ou quince metros de longo, e de ancho ten unha cabeza como o ancho das nasas máis grandes”


A picaraña, que leva cravada hoxe día na cabeza, ten ó mango partido á metade visto polos propios ollos de Suso Conde e afirmaba que o mango xa ía comido polo auga.

foto extraída de: trisquel.worpresss.com

debuxo de : contossolidarios.org