31 de janeiro de 2007

teño frio e sono durante o día.
en Punxín as portas non abren aínda que teñas chave.
Cando entrei na casa de Punxín, souben que de pequena lera un conto que transcurría alí.

Sabes?
as chaves son instrumento absurdo
non me gustan,
sempre as olvido,
e cando poño a bici baixo chave
intentan roubala;
asi que
volvo o do fragmento da canción de Jorge drexler

uno solo conserva lo que no amarra
photoespaña

algunhas veces, pola noite, acordome do final de esta película. Os coches. Na rúa do perigo non pasan coches.









30 de janeiro de 2007


boto a camiñar,
deixándome caer.
a esquerda está a rúa do perigo
e non podo deixar de pensar
na miña fuxida.
Na miña cama,
branca
na que nunca durmín, nin amei,
deixo un puñado de estreliñas quentes adormecéndose.
mañá farei o mesmo camiño, pero de volta,
rápido,
para espertalas estreliñas entre o meu colo,
e un gran bico
e como a escuma na beira dos meus pes,
irán perdendo o seu calor.
mudarán e tan só serán
un pixama vermello vello que me regalaron en nadal fai xa uns 6 anos.
é dificil,
marchar
cando deixas un puñado de estrelas quentes na cama branca na que nunca durmín, nin amei.

27 de janeiro de 2007

esta mañá a luz semellaba ser un lápiz






















de

punta fina

caída

os camiños marcados, algunhas veces perden o seu rumbo. Un día ven o temporal e sen máis, vanse. Máis, sempre podes pejar un brinco e continuar ou cambiar de ruta.

25 de janeiro de 2007


tou mollada e cheiña de frío,
maís todavía teño 20 minutos dende a miña casa ata o traballo.
os primeiros 5 min son feos, pero os seguintes 15 minutos cruzo o casco antigo de ourense e atópome ca fermosa rúa do perigo. Detéñome.E continúo. Dende que cheguei de Barna hoxe e o primeirio día que sei cara onde camiño. Encantame camiñar soa, pola noite, cando vou cara o traballo e sei que me espera outra longa e curta noite escribíndote.Tou mollada e teño frío e acórdome da escea na que a moza esta a bañarse nun cubo con auja quentiña, mentras o vello lle acaricia a espalda. q justo!
Estivo ven esto de voltar a casa. Barna queda moi lonxe.

23 de janeiro de 2007

txabi.net


que tendrá de real esta locura

si me contas un conto unha destas noites,sei que será este


“¿Usted ve alguna salida?
Lo que es yo, por mi parte, no la veo.
Hay gente que entiende lo que está pasando, pero se limitan a lamentarlo. Falta pasión, ese es el secreto de este gran globo democrático en que nos hemos convertido. Durante varios lustros hemos sido serenos, objetivos, pero la objetividad es inofensiva, no sirve para cambiar el mundo, ni siquiera para cambiar un país de bolsillo como éste. Hace falta pasión, y pasión gritada, o pensada a los gritos, o escrita a los gritos. Hay que gritarle en el oído a la gente, ya que su aparente sordera es una especie de autodefensa, de cobarde y malsana autodefensa. Hay que lograr que se despierte en los demás la verguenza de sí mismos, que se sustituya en ellos la autodefensa por el autoasco. El día que sientas asco de tu propia pasividad, ese día te convertirás en algo útil.”
Mario Benedetti “LA TREGUA” (Montevideo - 1960)

22 de janeiro de 2007




uno solo conserva lo que no amarra


(mi guitarra y vos) Jorge Drexler
é este o muíño que non vín porque seguín o camiño de abaixo.

19 de janeiro de 2007




Mulleres da pantalla.


Na súa longa historia o cine, bebendo da literatura ou das artes plásticas, representou todos os modelos de muller:.. así comenzaba Marcos Valcárcel o seu pequeno pero brillante espazo na Region de hoxe.

Tomei o café a eso das 11 nesta cidade de chispas q ajora me acolle, e pensei, encantame esta esquinita do xornal, a ver si o atopo na súa bitácora. E atopeine, nestas uvas da solaina que case acerto a ver dende a miña fiestra.

E quen non recorda lendo estas palabras, a imaxe de Nastassja Kinski con ese xersei un pouco vermello un pouco rosa en París-Texas, q fermosura de escea. Pero sen dúbida quedome co personaxe de él, Hunter, a sua presencia, os seus silencios, o se xeito no camiñar.

As veces, non sei. Teño días que me levanto e díjome; vou poñer a camiñar e camiñar e oxalá ninguén se acorde máis de min.

ai! como me justa París.texas, aínda a volvín a ver fai unhas semanas, cando ceaba un ovo cosido, ou mellor dito, un ovo pasado por auja.


MMMMM, que rico, xa boto de menos máis oviños, a ver si esta fin de semana disfruto dese pracer.






17 de janeiro de 2007




cheguei, gustame o de que sexa a cidade das chispas

15 de janeiro de 2007

pretiño de cabo do mundo



deixo as terras atlánticas,


deixo tralas miñas costas


Oza, Rostro, o cabo da fin da terra, para aniñar pretiño de Cabo do mundo.


Máis continuarei a miña viaxe maritima.


a partir de mañán escribireivos dende a cidade da burgas.


un bico a todos.

Fermosas cicatrises

2007 casas doentes. Manuel Sendón

(http://manuelsendon.wordpress.com)
Proxecto patrocinado pola Consellería de Vivenda e Solo

Exposto na Fundación Pedro Barrie de la Maza dende o 15 de xaneiro ata o 1 de abril de 2007

casas0009.jpg No mundo rural galego a casa ten un significado moi especial e hoxe un gran numero delas están abandonadas, deterioradas ou en ruínas. Unhas semellan estaren cegas, outras mudas e todas elas doentes no doble sentido da palabra. Durante un ano estiven a fotografar estas casas doentes ao longo de toda Galiza. O meu obxectivo non era dun estudioso da arquitectura, non pretedín establecer un catálogo nin tipoloxía algunha, e aínda que as características destas casas aparecen claramente reflectidas nas fotografías, o meu achegamento situase noutro campo, interesándome fundamentalmente a capacidade de suxestión das imaxes creadas


casa-lola-de-andres.jpg

O documental de Olaia Sendón


A casa de Lola de Andrés (www.costadefunta.wordpress.com) conta a historia dunha casa doente.


Estrea mundial na fragua de gerardo, en Sardiñeiro_ Fisterra o sábado 27 de xaneiro as 20.00.


11 de janeiro de 2007




(Michel Houellebecq)
"non hai que temerlle á felicidade: pois non existe"
"Es curioso, pero vivir consiste en construir futuros recuerdos de otros tiempos; ahora mismo, aquí frente al mar, sé que estoy preparando recuerdos minuciosos, que alguna vez me traerán la melancolía y la desesperanza."
(El túnel. Ernesto Sábato)


predican humildade e viven coma deuses

10 de janeiro de 2007

o paso do tempo está no sabor do meu rostro


(...) tus ojos son mi conjuro
contra la mala jornada(...)
(...)y por tu rostro sincero
y tu paso vagabundo
y tu llanto por el mundo
porque sos pueblo te quiero(...)

Fragmento extraído del libro " Poemas de Otros"(1973-1974)
Mario Benedetti

8 de janeiro de 2007



" La vida es corta
( corta, poda, queima, aniquila)
y el poema ha de ser abarcado en una sola mirada"
Joan Brossa


xusto,
nese intre,
no que fago o café,
todo o que esta enfrente da maquina
e nas miñas costas,
todo,
desaparece;
nese intre,
permítome un chisquiño de liberdade.
É a liberdade do café



sobriños


os meus sobriños.(e todavía teño máis)

O outro día ía moito frío na praia,

máis con todo iso,

nós saímos igual,

en busca de cormorans que nos conten contos,

ou de sereas varadas que queiran xogar con nós

a escribir na area

7 de janeiro de 2007

oza







PRIMEIRO POEMA
Distanciándote ollei da pequenez o faro;
perdín o seu tanxer co desistir da néboa ...
Tal como cha acollín heicha enmestar ó facho
clandestino daquel maino berrón que canso
dorme nos nus poiais que os temporais esfregan.
Alexandre Nerium ( Fisterra)

Do mesmo xeito que vexo como se alonxa o faro de min cando subo a chalana verde e roxa que vimos o outro día en oza,

así vexote marchar,

carjadiño de redes, de nasas.

Alí, nese mar interior,

encheras as redes de sal,

a que eu empregarei para cociñar os máis saborosos contos que che contarei cando visite esa túa alta mar. sorte mariñeiro!


3 de janeiro de 2007

A Federica


a tartaruga de Francisquiño,


mimá xa debe ter un 7 anos!

zoom



En Oza,
o mar esta delimitado i é moi real,
e tanto!,
so faría falla observar as mans dos mariñeiros, para saber que ese mar é palpabel.
En Oza o mar é de cor vermello, verde, azul, é moi brillante, é de cores,
como os barcos que alí dormen o sono que a min me falta.

2 de janeiro de 2007


"… luego, como había hecho en todos los momentos difíciles de mi vida, dejé de pensar."


(La posibilidad de una isla. Michel Houellebecq)

"Si alguna vez me suicido será en domingo. Es el día más desalentador, el más insulso. Quisiera quedarme en la cama hasta tarde, por lo menos hasta las nueve o las diez, pero a las seis y media me despierto solo y ya no puedo pegar los ojos. A veces pienso qué haré cuando toda mi vida sea domingo."
(La tregua, Mario Benedetti)

Teño un vale


teño un vale por un plato de cus-cus, ou por un quiche, e tamén podo trocalo por máis de 46 bicos nas costas.