28 de fevereiro de 2007

Radio Oceanica


as noites do domingo por fin son insomnio, non o perdades!

27 de fevereiro de 2007

Novocine de Leiro



Ernesto, é o veciño que fai posible estos “pequenos “ momentos cheos de maxia, él levantou o cine e él o mantén vivo nestos tempos de multicines...e posúe tamén unha preciosa colección de gramófonos e cada semana colgaremos a película que podedes ver no novocine de Leiro…


xa poucos recordan como eran os cines antigos, que se asemellaban máis a un gran salón de estar nun día de festa que as frías e inóspitas salas actuais. aquelas salas de cine nas que o chan colabora a míudo no alboroto da xente.ese chan de madeira que cruxía, o mesmo que daba ese caracteristico arrecendo. as butacas na maioría dos casos de cor roxo ou verde tapete de naipe.esos cines que foron desaparecendo o mesmo tempo q a xente foi abandonando o costume de declararse amor e nostalxias no lusco fusco deses espacios máxicos.Dende aqí, dende Leiro, estamos moi alegres de contar con este pedaciño de historia, con este espacio cheo de ilusión e noxtalxias.así que convidámosvos a que veñades a recuperar a memoria nostálxica, a memoria con arrecendo a madeira e butacas roxas. sen dubida un recunquiño acolledor, familiar e que se manten ca ilusión e o espÍritu popular que nos evoca a fermosisima e celebrada CINEMA PARADISO.
Podedes ver estas e máis fotos no blog de XENTES DE LEIRO
tamén atoparedes fermosas recomendacións e bonitas palabras neste sinxelo blog, pero que garda o encanto de estar feito polas xentes de este acolledor concello.Ademáis os post editanse dende o telecentro do pobo, que é un antigo muíño que adormece a beira do Ávia. pasade por alí, seredes ben recibidos por Pablo, os rapaces de leiro que a miúdo andan por alí ,e disfrutaredes de Wifi e ás palabras do Ávia.

23 de fevereiro de 2007


"Los versos de los poetas no son poesía"




atopei esta entrevista gracias o blog de DIAS FELICES



Encántame, tanto como as palabras de

moito poeta e pouca poesía

22 de fevereiro de 2007

quen?


aquí vos amoso unha fermosa canción,

bueno, a música é moi fermosa,

a letra...

habería moitas cousas que comentar.

Pero eu poño aquí este vídeo,

por que é sinxelamente fermosísimo.

E moitos dos que me coñecedes ben saberes por qué.


o video e da canción Quien me querra de Cristina Rosenvinge do disco Continental 62
(clic en quen? arriba)
EN CONCERTO NA ESTRADA O 16 DE MARZO.(5 EUROS)

20 de fevereiro de 2007

éu creo que a primavera xa comenza a arrecender,

pode que sexa moi optimista,

máis,

fixádevos,

detrás dos muros,

nas pozas que hai pola rúa con manchas do aceite dos coches

...

todas esos recunquiños iluminan de cores a inminente primaveira.

somos a morte i estamos de morte


Xinzo de Limia e Leiro



xa espertei!
xa tou de volta!
graciñas a todos por estar atentos o meu insomnio.
volto a escribir polas noites,
a conversar con vós
estes días,
ademáis de vivir o carnaval nestas terras
estiven a recuperar os mimos,
a luz,
entre as sábanas revoltas que prantei no chan.

12 de fevereiro de 2007

insomnio?

insomnio de noite e sono de día
vale! seino, non debería durmir durante o día, pero cada tres días ou así me boto unha xestiña ca luz do mediodía
contestación a natyara:
non, non, para min o insomnio non é malo, sinxelamente debemos de trasformalo en algo positivo.do insomnio naceu insomniorizar.fai un par de anos pasei unhas semanas sin apenas pegar ollo.Con moitos pesadelos; cada noite cando ía para cama, me puña moi furiosa e nerviosa, de pensar q o mellor esa noite non durmiría e o día seguinte estaría cansa.Aterrorizada polo que podía soñar.Un día farta de pasar esas noites de ansiedade; decidín levantarme e facer cousas útiles, que non podía facer durante o día, porq traballaba.Empecei a escoitar moitísima música a ver marabillosas películas, a escribir pequenos relatiños e a dibuxar, q me encanta. Así q pronto lle collín o gusto a eso de non durmir polas noites, o final estaba desexando q chegara a noite para poder facer todas esas cousas. e así sen darme conta, naceu insomniorizar, primeiro como filosofía, como momento propio. dicía: teño que insomniorizar o mundo. mimá o q se perde o mundo durmindo!ª!!!!despois coñecín os blogs e zas, naceu insomniorizar.a vida da moitas voltas,e mira!,agora escribo a deshoras, porque traballo de noite. ajora teño q ajuantar esperta. e despÓis de case un ano publicando de día no blog,( pronto recuperei o soño reparador) regreso a noite, que é misteriosa e silandeira.así q xa sabes, si unha noite non durmes:
INSOMNIORIZA O MUNDO, O TEU MUNDO.

11 de fevereiro de 2007

foto nenonino
isa e máis eu
no traballo

8 de fevereiro de 2007

Isa está de cumpre

...
Te sentirás acorralada
te sentirás perdida o sola
tal vez querrás no haber nacido.

Yo sé muy bien que te dirán
que la vida no tiene objeto
que es un asunto desgraciado.

Entonces siempre acuérdate
de lo que un día yo escribí
pensando en ti como ahora pienso.

La vida es bella, ya verás
como a pesar de los pesares
tendrás amigos, tendrás amor.

Un hombre solo, una mujer
así tomados, de uno en uno
son como polvo, no son nada.

Pero yo cuando te hablo a ti
cuando te escribo estas palabras
pienso también en otra gente.

Tu destino está en los demás
tu futuro es tu propia vida
tu dignidad es la de todos.

Otros esperan que resistas
que les ayude tu alegría
tu canción entre sus canciones.

Entonces siempre acuérdate
de lo que un día yo escribí
pensando en ti
como ahora pienso.

Nunca te entregues ni te apartes
junto al camino, nunca digas
no puedo más y aquí me quedo.

...
Perdóname no sé decirte nada más pero tú comprende que yo aún estoy en el camino.
...
Y siempre siempre acuérdate de lo que un día yo escribí pensando en ti como ahora pienso.

José Agustín Goytisolo

6 de fevereiro de 2007

trompe l'œil

foto de oviño cosido

5 de fevereiro de 2007





teño unha pala,
cemento,
e tres tubos ben fortes
para construir un túnel
entre o meu embigo atlántico e o teu ollar mariñeiro



os meus sobriños viñeron a merendar o venres pola tardiña

naturaleza insubmisa




Fervenza de Tourón, e por riba a autovia das rías baixas saímos en busca de termas onde quentarmos,
onde convertirnos en oviños cosidos,saborosos.
Dende Ribadavia, tirando cara Melón, e alí,
despois de seguir todo o camiño a dereita como nos dixo a señoriña,
e despois de coller dereito cara arriba
e tamén para esquerda chegamos a Tourón.
Unha desas aldeas, máis finisterres para mín que o propio finisterre,
onde a fermosura dos tellados caídos loitan ca barbarie do cemento esparcido en forma de praciña da aldea.
Dende Tourón víanse as pozas, dende Tourón eu facía plans para contruír un solemne meniño de meixelas adobadas que poder acurrucar no meu colo. un meñiño que aloumiñaría co lume que produce a queima de todalas palabras verquidas no chan da miña nenez.
O chan de granito, que leva mica.
O pedaciño de mica que levo no bolsillo do meu bolso que ten un gatiño nejro.
o mesmo bolso que o outro día destiñiu na lavadora
do meu novo recuncho cerca do Posío,
onde este noite durmín por primeira vez
o calor dun ovo cociño abraiado pola crueldade que sofren os pitiños
a fermosura da natureza é insubmisa e iso todavía a fai máis fermosa.
Como dicía o meu amigo anónimo:
...algún día el asfalto se cubrirá de verde...ese día ya no habrá personas para fotografiarlo...