27 de fevereiro de 2007

Novocine de Leiro



Ernesto, é o veciño que fai posible estos “pequenos “ momentos cheos de maxia, él levantou o cine e él o mantén vivo nestos tempos de multicines...e posúe tamén unha preciosa colección de gramófonos e cada semana colgaremos a película que podedes ver no novocine de Leiro…


xa poucos recordan como eran os cines antigos, que se asemellaban máis a un gran salón de estar nun día de festa que as frías e inóspitas salas actuais. aquelas salas de cine nas que o chan colabora a míudo no alboroto da xente.ese chan de madeira que cruxía, o mesmo que daba ese caracteristico arrecendo. as butacas na maioría dos casos de cor roxo ou verde tapete de naipe.esos cines que foron desaparecendo o mesmo tempo q a xente foi abandonando o costume de declararse amor e nostalxias no lusco fusco deses espacios máxicos.Dende aqí, dende Leiro, estamos moi alegres de contar con este pedaciño de historia, con este espacio cheo de ilusión e noxtalxias.así que convidámosvos a que veñades a recuperar a memoria nostálxica, a memoria con arrecendo a madeira e butacas roxas. sen dubida un recunquiño acolledor, familiar e que se manten ca ilusión e o espÍritu popular que nos evoca a fermosisima e celebrada CINEMA PARADISO.
Podedes ver estas e máis fotos no blog de XENTES DE LEIRO
tamén atoparedes fermosas recomendacións e bonitas palabras neste sinxelo blog, pero que garda o encanto de estar feito polas xentes de este acolledor concello.Ademáis os post editanse dende o telecentro do pobo, que é un antigo muíño que adormece a beira do Ávia. pasade por alí, seredes ben recibidos por Pablo, os rapaces de leiro que a miúdo andan por alí ,e disfrutaredes de Wifi e ás palabras do Ávia.

2 comentários:

Anônimo disse...

bos días a todas e todos desde Leiro, e moitas gracias as palabras de bágoas insomnes...

por aquí estamos empezando a animarnos con esto da informática...estamos moi ilusionad@s e temos moitas ganas de aprender...quizá algún día non moi lonxano sepamos xa crear o noso propio blog...e así poder participar tamén deste pequeno mundo cheo de sorpresas...de sonos...de ilusións...

o espíritu de bágaoas insomnes alimenta día a día as nosas ilusións

Torreira disse...

Fermosa Sala e fermosos proxectos