26 de julho de 2005

bici

mañá ou quizá pasado mañá, cando xa esté curadiña e recupere folgos, sairei na túa busca, vale?
despois acompañarasme na busqueda desas dúas cadeiras que falabas entre sí, esas que miraban cara un mar que non mollaba. acompañarasme e alí recordarei o fermoso desas dúas cadeiras.

24 de julho de 2005

estarei sorrindo



esatrei sorrindo,
así,
como nesta foto,
acordándome do meu mar que tanto me empapaba.

21 de julho de 2005

En proceso

Pronto terei máis fotos para tí,
de lugares atlánticos, que recordan ás miñas costas a humidade de terte preto, a outros vran de paseos en bicicleta.
Pronto terei novas imaxes que mostrarche,
por que aquí, en Barna, a realidade é sinceira e natural se as cadeiras que falan entre elas amosanse fotos e apertanse forte o chan para que as feridas da carcoma non acaben con elas.

18 de julho de 2005

cansa como unha fiestra ó sol da tarde


esta noite estaba cansa,
levantei as sábanas e como quen descobre un meniño debaixo da area, alí atopeiche para reparar o sono, o aroma da noite pasada

durmir sen tempo

15 de julho de 2005

Rambla do mar


sants estació-drassanes 14.30
rambla del mar 14.48
arrecenderte de lonxe meu amante
Bótoche en falta

as contras abertas

as contras abertas, as fiestras dos veciños espían o meu cansazo, os meus soños, e a terraza aloumiña estes olliños que miran e miran e creen que alí, nesa caixiña dourada que é o tívoli, alí, nesa luz na noite, están as respostas das preguntas de sempre. alí esondidiñas e caladas, baixo chave que eu mesma día a día soterro un pouco máis.

13 de julho de 2005

Como en sardiñeiro


gracias por facerme calar

ata agora só me enmudecera

a fiestra damiña habitación en sardiñeiro a soidade de París reflexada nos ollos de Noel

dúas cadeiras falan o final do muelle, como en Sardiñeiro.

Está sucio e ule a cansado.
É como estar sentada no rumbo o verán pasado; dous bancos falaban de insomnios, e músicas,
como en Barna a 8 de xullo.













More Than This (B. Ferry)

I could feel at the time
There was no way of knowing
Fallen leaves in the night
Who can say where they're blowing
As free as the wind
And hopefully learning
Why the sea on the tide
Has no way of turning
More than this - there is nothing
More than this - tell me one thing
More than this - there is nothing
It was fun for a while
There was no way of knowing
Like dream in the night
Who can say where we're going
No care in the world
Maybe I'm learning
Why the sea on the tide
Has no way of turning
More than this - there is nothing
More than this - tell me one thing
More than this - there is nothing





12 de julho de 2005

vesme?












a2e

Aquí o mar non che empapa




Baixar Parallel abaixo, rumbo un novo amante. A bicicleta non ten frenos i creo que deixo algo atrás, máis é excitante deixarse esvarar deste xeito, botando escuma pola boca e por primeira vez escoitando, calando e entregandome a inminente molladura.

O final do espuigón ai duas cadeiras, falan entre elas, escoitanse. Cheguei disposta a que este novo amante acougue as feridas, máis este amante non molla. A pouco milmitros estou de acaricialo, non ule a salgado e o seu son e seco é calado. Pode que non a millor idea tentar curar as fendas neste amante
Levanto a ollada e como un papel de caramelos tirado nun recuncho está Barna. As cadeiras seguen escoitandose i eu decido voltar, coller un deses caramelos pejañentos que ai na bolsa e formar parte deles . Como o meu mar non ai ningún, amante bravo e ferinte, por que aquí o mar non che empapa.