18 de maio de 2007

16 de maio de 2007

pan


unha mañá de domingo cando íamos seguindo a pista do arenteiro cara o seu nacemento, atopamos o pan

penndurado no camiño que nos invitaba a recuperar os folgos. Curioso!

15 de maio de 2007






A Cidade de San Cibrán de Lás é un xacemento que, pola súa configuración formal e monumental, constitúe un verdadeiro arquetipo dos castros da etapa final da cultura castrexa, coincidente coa romanización do NW peninsular.

As escavacións realizáronse en tres fases moi separadas no tempo: Entre 1922 e 1925 dirixeas don Florentino López Cuevillas; paralízanse despois ata 1948-49, datas nas que as reanuda don Xaquín Lorenzo Fernández.

Finalmente dende 1980 prodúcese o reinicio, con novas escavacións e a recuperación das descobertas anteriores.

A importancia histórica do xacemento vinculase coa primeira sistematización da cultura castrexa realizada por Cuevillas.

Pero tamén resulta importante pola súa propia grandiosidade e pola avantaxe de coñece-lo seu nome antigo: LANSBRICA, que aparece nunha das tres inscricións aparecida ata o momento. Unha, na porta do solpor do recinto central, fragmentada; outra, breve e sobre unha rocha cunha adicatoria a Iuppiter; a terceira, unha ara adicada a Bandua Lansbrica, na que se recoñece a raiz do topónimo local, testemuñado tamén por algúns documentos medievais.
O castro, un dos de maior superficie de Galicia, está constituído por dous recintos amurallados, dispostos de xeito case concéntrico e lixeiramente alongados no senso norte-sur.
máis información en ARENTEIRO
Encántame a comarca do Ribeiro, e pronto trasladareime alí.Deixo atrás a cidade das Chispas, a rúa do perigo, pero prometo convidarvos o meu novo curruncho deitado o ladiño do Barbantiño, xa veredes, xa veredes!

10 de maio de 2007

Tears For Affairs

soño que tódalas mulleres levan unha saia azul pendurada das costas, que pinga a pinga escoorre polas súas pernas e pinga a pinga asolagan esta terra



texto: insomniorizar
Azucena Vieites es una figura clave del arte contemporáneo vasco
y una comprometida militante
con las políticas de género y las competencias de la mujer
en la sociedad y en el mundo del arte.
Su trabajo se centra en el dibujo
y el microdibujo
como formas de reflexión
sobre nuestro entorno próximo.

1 de maio de 2007

foto nas humidades do arenteiro.Os carballos, a nosa amizade.

todo, nestes días era humidade,
ate pola noite, cando eu durmía dandoche as costas, a cama arrecendía a humidade e as túas costas estaban ateigadas de néboa.
O xoves sairá o sol, e sairemos a coljalas roupas, as costas, as gafas...
os ollos a secar