28 de maio de 2008

14 de maio de 2008

ai días nos que o ceo amósase gris e húmido,
e a pesares das nostalxias que o enferruxan todo, ata a cadea da bicicleta!
ai días así,
como ese,
que teñen a hablidade de transformar ata as pegadas no chan,
ai días que se converten nunha celebración do humano, da delicia de vivir entre a auga e o ceo máis azul.


bueno, non sei, quizais púxenme de novo nostálxica, tan so quería recordar o pasado sábado.


atopámonos en Reigoso, e convidaronnos a subir xuntos,


cas conversas, que salpicaban no verde das follas dalgunha que outra figueira que se escondía nos

recunchos máxicos da terra.


E así, chegamos o San Miguel de Castrelo de Miño!

Graciñas por tan bo día, graciñas ao pobo de Noallo de Abaixo,
as súas xentes, as súas músicas.

a verdade,
hoxe díxome Ivan,
que cría que o San Miguel deulle sorte o ano pasado:
pois eu ben o creo,

pois a min reactivoume as nostalxias das que falaba o Lestón,
e máis sei que de seguro a min tamén a darme sorte.

Graciñas Senén, Ana, Etel, Pepe,
foi moi especial o ascenso ao ceo azul das augas de Castrelo.

Ah!, e graciñas ao cadelo que nos acompañou na volta!