28 de fevereiro de 2009

por un soño


Un día, case sen querer, puxen esta foto neste blog, nada intuía que sería o último que escribiría neste blog que me acompañou uns cantos anos.
 Fun a vivir ó medio do monte, puxen unha horta e aos meses de estar alí alguén me regalou Walden. Non tiña internet, aínda que a diario traballaba ensinando a outros que era esto da rede, dos blogs e das redes sociais. Como boa profesora, pasaba horas lendo cousas para contarlles, comentando nos seus blogs e fun deixando atrás insomniorizar. Un soño? sí. Foi un soño vivir no Ribeiro, nunha casiña para min soa, a miña horta e un montón de xente que gostaba do meu traballo.
 Insomniorizar sempre estará aquí, para de cando en vez ler e darme conta que tiña un montón de erros propios dunha disléxica compulsiva, observar que aínda non tiña a manía persecutoría de xustificar tódolos textos que escribo ( vedes este como o escribo no 2012 x está ben aliñadiño e xustificado), descubrir cousas de min que xa tiña esquecidas e ler comentarios de xente moi riquiña que atopei neste blog. 

Pasei un tempo á sombra na rede, agora se gostades podedes seguir a miña pegada aquí.

(Texto actualizado no 2012)

19 de fevereiro de 2009

desta árbore


Nestes días, díxeron que insomniorizar é unha desas árbores virtuais que non caen nin cun temporal de forza 8 coma o sufrido hai días, pois caer non cae, pero esta árbore, como vides observando dende o inicio do ano, anda ca raizame cara arriba.  O certo e que os folgos fallan para atar un corda e volver poñelo ben xeitoso, consultei a compañeiros, e vexo que andan máis ou menos igual, o Klaus, atacou tanto no Ribeiro, como no Sardiñeiro, como polas terras do Norte, o amigo blogovic xa deu conta do espíritu de apatía 2.0, e presenta os mesmo síntomas que esta árbore.

Nestes días miroo de esguello pola fiestra , non vai ser que me sinta culpable por deixalo secar, despois volvo a rutina diaria, dos 4 cafés coma mínimo e leo sobre a poda, revolvo no o furado da compostaxe para poñerme mans a obra cando teña folgos. Quizais hoxe sexa o día, non sei si acompaña a lúa,pero hoxe vai soliño; so espero que non sexa demasiado tarde.

 "En época de mentiras, dicir a verdade é un acto revolucionario" George Orwell. Nestes días, non esgotei o meu repertorio de historias que prantar, de feito, teño aljunhas gardadas dende fai meses que prometín sachar. Contarvos, máis cousas das xentes do Ribeiro, como Abel, un dos habitantes do Barbantiño, tamén do señor do saúdo permanente de Barbantes, da ruta dos Arrieiros e de Fonte Antiga, falarvos como non, do Barbantiño, do exilio forzoso de Castrelo de Miño, jaja!, comentar a miña cruzada contra o facebook, e moito máis agora, jejje. E como non , contarvos do crecemento da miña nova árbore na 2.0, a única que resistíu intacta ao temporal de forza 8, presentarvos o meu primeiro debuxo animado, feito co rejaliño dos reis.... Ou sen dúbida, seguir debatindo sofre os temporais, a desidia, e a apatía 2.0 que tan ben, como xa dixen antes, define o amigo blogovic.

Por certo, chousa e cuspe de pita,seino, tamen debo un lote de productos da miña terra, sexa do Sardiñeiro, sexa do Ribeiro, terei que ir preparando a cesta!

p.d: Graciñas jopiño, por dar conta desta árbore ferida, tamén a circoalienigena, por tantos folgos....e  proximamente falarei do facebook, jaja, que teño janas! ou do sentimento offline, ou....