25 de setembro de 2008

un curioso reflexo dende Walden


As veces o mirar a fiestra da miña casa, dende fora, descubro un curioso reflexo: seica non estou soa!
Quizais a miña soedade é unha escea, un monólogo silencioso.

Hoxe teño ganas de recordar Walden, e adicarlle este pequeno texto, pois, pois... pois a Cuco de Pambre e a súa familia, porque pode que estén no reflexo da miña fiestra, como tantos outros que pasades por estas terras.

....Tiña esta vantaxe ao menos, no meu modo de vivir, sobre aqueles que están obrigados, para divertirse, a dirixir a súa mirada cara a fóra, cara á sociedade ou o teatro; a miña vida volvérase a miña diversión e nunca cesaba de ser nova.

Era un drama con moitas escenas e sen conclusión. (...) O quefacer doméstico era para min un agradable pasatempo. Cando o piso estaba sucio, levantaba me cedo, e, poñendo todos os meus mobles fóra -o catre e as cobijas no seu só vulto sobre a herba-, botaba auga sobre o piso, esparexía area branca do lago, e cunha vasoira fregábao ata deixalo limpo e branco; e cando os habitantes da vila recén almorzábanse, o sol da mañá xa secara a miña casa como para volver poñer todo dentro, e a miña meditación case non se interrompera. Resultaba agradable ver todos os obxectos da casa sobre a herba, formando unha pequena pila, semellante ao fardo dun xitano, e a miña mesa de tres parrulos, da que non movera os libros, a plumas e a tinta, parada no medio de piñeiros e nogueiras. Parecían contentos de estar á intemperie, e sen ganas de que os entrasen. Estiven tentado ás veces de cubrilos cun toldo e sentar alí. Pagaba a pena ver brillar o sol por enriba destas cousas, e oír soprar o vento libremente. ¡ Canto máis interesentes parecían eses obxectos familiares fóra que na casa! Un paxaro póusase nas ramas veciñas, a sempreviva crece baixo a mesa, e silveiras enrédanse nas patas; piñas, cascas de castañas e follas de fruta están esparexidas por alí. Parecería que dese modo esas formas fosen transferidas aos nosos mobles, a mesa, cadeira e catre: porque unha vez estiveron no medio delas....

Texto extraído da obra Walden, de Henry David Thoreau e traducido aquí.


19 de setembro de 2008

A historia das cousas ou....



Bueno, pois o que prometin fai catro horiñas antes, o dito, quero comparti este video que me enviaron e que anda a correr como unha cadea dende fai uns dias.

Dura uns 20 minutos, sei que é moito tempo, sobre todo para os que andades a mirar de esguello esto dos blos, mentras andades co traballiño, pero merece ben a pena, adicarlle ese tempo!
Bueno, xa me contaredes e xa os contarei!

12 de setembro de 2008

6 de setembro de 2008

Gracias polo regalitu!

Abuela, mamá, ana, viví e máis o pablo, regaláronme unha camara de fotos, así que levo a tarde fotografiandoo todo, todo. as ovellas, as pompas de xabrón, o rumbo de Sardiñeiro, Lires, Rostro, ao Brais...
Graciñas!

insomnio?


Pois, conta, conta!

5 de setembro de 2008

espantoso!


Pois si xa facía un tempiño que estaba a recuperar o pracer de soñar coa luz da lúa na miña frente, pois xa está, xa se acabou, agora ando outra vez insomne!
 esta vez, é por que os espantosos pilares da autovía que nacen nas augas do Barbantiño non paran de medrar nin un so minutiño.
 E logo?
 Traballase neste espanto 24 horas o dia e noite, provocando que xa non sexa a luz da lúa a que ilumine as ventas da miña casiña. Agora, de noite dende O Viñao, temos unha imaxe futurista, como eses edificios raritos, cheos de luces que solen facer por .... bueno!, por alá lonxe!

Se queredes ver máis imaxes espantosas a beira do Barbantiño, chuza aquí. (Non apto para calqueira)

2 de setembro de 2008

Google friqui eu

vale, vale, seino, xa mo advertides case a diario os que me rodean, pero hoxe vou dar motivos dabondo para que me chamedes friki con todas as letras! je.

E que eu sonche así, cando engancho aljo que me gusta, nada, teño que sabelo todo, probalo, ata o ultimo trebello que se oculte para despois contarlle a todo o mundo que tal foi o invento.

Jeje, así que de novo, vos volvo a falar do Google, e das suas aplicación tanto me facilitan a min o traballiño, como o google Docs, ou o meu xoguete de cabeceira o Google Picasa ou mesmo o Blogger.

pois ajora resulta, como di hoxe o País e o Código Cero na súa portada, que estes pensantes de Google, van sacar o próximo trebello a probar, e tratase dun novo navegador , o Google chrome. Pois eu quero probalo xa, ainda que vai ser compricado que eu decida deixar a miña actual relación co Firefox 3!

Bueno a parte de esta nova, que me enche de emoción frikitecno(as veces pouco)lóxica ( son cousas do traballo!!!!!!!), hoxe na portada do Código Cero, veñen outras novas interesantes, polo menos, para os que nos adicamos a esto da dinamización tecnoloxica como :

Preséntase en Compostela o libro Las TIC para la igualdad (estaría mellor que estivese en formato pdf, pa descargar todas e todos, pero q lle imosfacer!!!!)

Planeta estrea unha web para axudar aos docentes a fomentar a lectura ( na miña intención non está facerlle promoción a esta web, pero pode ser interesante para os educadores)

Publican un mapa de puntos de acceso Wi-Fi abertos en Compostela (aquí en Castrelo de Miño, temos un mapa similar, jejej)

Publicada na Rede unha relación de alternativas a Google e Yahoo! (Agora que todo semella un tirapuxa entre Google, Yahoo! ou Live Search, non está de máis que lembremos que hai máis portas onde pechar e que non todo ten porqué ser un xogo de dous ou de tres, como di o amigo Sarasqueta, jejej!)



jjeje, como vedes esta última nova, ven a suavizar un pouco esta tremenda loucura friki-publicitaria-pouco loxica que as veces me provoca o google de marras.

por certo, tampouco é a miña intención , poñervos o Código Cero polas orellas, pero e que hoxe que ando libre mirando as novas por internet, eche o que ai, e decidin dar soltura-loucura.