31 de julho de 2008

Castrelo de Miño, a nosa enerxía ten valor!

Pois si a semana pasada daba conta do parque ambiental( sexa en Carballeda de Avia, ou en Punxín ou Maside), esta semana, e sen deixar pasar máís tempo, débolle a estas terras que me dan de comer, lembrar esta reinvidicación:


Recomendovos estes dous artigos aparecidos en prensa que dan conta do atropello e dor.
Axudar ás eléctricas por Manuel Herminio Iglesias

Isto é un atraco a man armada e un novo regalo do Estado ás poderosas empresas hidroeléctricas


Video de informe semanal sobre o atropello da luz!


Fotografías emprestadas e sen o seu permiso deste blo

29 de julho de 2008

xabarín que che vin!

A fotiña saqueina unha noite destas a eso das 9.30 da noitiña, diante da ventá da cociña.
bueno!,
xa vedes, o que non publiquei durante o mes de xuño,
vouno recuperando agora, os pouquiños.

o caso é que como dixen con anterioridade, había cousiñas que quería compartir con todos vós e unha desas historías é a dos xabaríns.

O calidonia e o 3 miniaturas me recomendaban que escribise no meu bloguo das miñas aventuras a beira do barbantiño, e unha de estas aventuras é a dos xabaríns!

bueno!
, aventuras ,
aventuras non sei se merecen a categoría de aventuras, pero eche así1

o caso, que na miña horta pulula unha gran familia de xabaríns, e digo gran familia, porque xa os teño máis que vistos e estudiados; ata nunha ocasión vin catro de paseo por diante da ventá da miña cociña, eranche dous grandes e dous pequerrechos. E a pasada semana vin outros tres, pero o grande, erache moi grande, e os pequenos, un jabatiños pequerechiños, que nada tiñan que ver cos catro de fai un mes.
así que polo menos, teño arredor de 7 xabaríns facendome compaña.

deben xa estar moi afeitos a min, despois de xa un ano compartindo beira do Barbantiño con eles, porque a verdade nin caso fan de a min, cando lles dou unha palmada para asustalos, ou lles boto unha cantinela.
nada!
nin caso!

me miran de esguello e continúan comenzo as mazás que a min non me da tempo a comer!

Ademáis, sonche moi precisos na súa visita diaria, a eso das 9.30 da noite xa empezan a verse;I eu, que son moi boíña, e moi puntual, non falto a súa cita e alí estou, cos bruces pejadiños a fiestra para sacarlle fotos.

Vou ter que mercar unha camara destas de video, para facer un video documental como eses da 2.

Bueno, a pesar de todo o que revolven na horta ou no camiño, a min no me molesta, agás cando tirán un carballo de tanto revolver o seu arredor, ou tamén son moi molestos, cando vou unha noite destas de Ribeiros por Ribadavía, ou por Ourense, e a volta os teño esperandome no portal.

E vos imaxinaredes que están por fora do portal, a que sí!

pois nada diso, eles viven tan ven coma min! Están esperándome dentro da finca, por dentro do porta!

E claro, ahí si que me------- ao velos, a ver quen baixa a abrir o portalito!

Bueno, despois de tentalo cas luces longas, cas miñas palmadas, co pito do coche e nada,de nada,
poño á Amy Whinhouse esa, e ala!
listos!
despavoridos saen.

E é que a amy, eche moito!
E ata me recorda a eles,
xa que ten unha cabeleira similar!

24 de julho de 2008

parque da merda non!

nnNNNOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOONNNNNNNNNNNnnnnnnnn!!

NON, NON!
HOXE ENTERÓME DESTAS NOVAS: nova en adega, nova na Voz de Galicia, , e a nova na Región.

E unha vez máis, caeseme o alma ós pes, nos pode ser!?

despois de tantas veces que eu levo denunciado o calamitoso estada do Barbantiño, da autovía que está a quebrar a nosa comarca, agora esta nova.
non, non , resistome, haberá que facer algo.

Xa vos irei comentando!

Resistíame a colcación do parque en Carballeda de Avia, e agora resístome unha vez máis.

Galiza non se vende!

para consultar máis información e apoiar esta protesta non dubides ler aquí.



a miña primeira horta!


Pois si, xa vai un cantos post, que quería falarvos da miña primeira horta!

levo xa dende febreiro traballando nesta pequiña horta e sempre pensaba que merecía ser parte destos insomnio.

non me quita o son, pero uns cantos doloriños de espalda e resoplidos si me provoca. AAAHHHHHHHHHHH! porque me saen tantas malas herbas!!!!!???

E por que os meus tomates a día de hoxe non tan vermellos????!!!!

Quizáis son impaciente demáis!

E ademáis non debía queixarme, porque para a escasas duas horas que lle adico a semana, a cousa pinta ben, teño as tomateiras carjadiñas e as leitugas son fermosas como os tritóns do barbantiño.
Bueno, vou a ver si podo mellorar a miña hotiuña lendo neste blo que me recomendaron hoxe, e que pinta moi ben: Aprendiz de horticultor ecológico

23 de julho de 2008

un momentiño, estou actualizando a miña existencia nestas terras


Bueno, onte subín esta imaxe que resume un pouco moito o meu día a día e tamén o do compañeiro " tritón do Ribeiro", e hoxe poñolle verbas a esta imaxe!

Nalgun parágrafo perdido do longuísimo post anterior, comentaba que estaba tentando reencontrarme de novo con estas terras fertis que me acollen. E iso, neso ando, ou neso ando ás voltas.

Este debuxo resume moi ben un día no Ribeiro!

De punxín para castrelo e o triton de ribadavia para carballiño!
así, damos voltas á montaña do castro de San Sibrao de Las!
sí, Pena Corneira vixía que se cumpran os nosos soños, a autovía de vigo a madrid, sobre voa os días, e a autovía de carballiño a ourense, destrúe os soños do Barbantiño!

vivir no Ribeiro, eche unha lediacia, sobre todo nestes días de caloriña!
pero vivir no Ribeiro éncheme o corazón de contradicións!

bueno, ala!, vou seguir actualizando.

12 de julho de 2008

parir esta post

extracto dunha parida de post ( jeje, a que está ben o dobre sentido)

x: puff hoxe propuxenme escribir algo no blo

pero na

levo tentadon xa unhas cantas semanas

pero custame

nunca me costou parir tanto un post

e aínda por riba non teño aqí a foto q lle quería poñer


i: a verdade é que se bota de menos, non terás unha foto que che dea unha idea? algo da moza que atopaches a traves do internete? unha reinvindicación? un pensamento? xa sei!!! un símil de parir un post e parir un fillo


x: si

si

chamase así o post q vou poñer

e teño moitas cousas q contar que aconteceron dende o ultimo post

pero non teño animo nin ganas

estou vaga


i: unha vez lin un artigo no que o autor non falaba nada mais que da dificultade de escribilo e da dificultade de crear unha idea pa plasmar, e así fixo o artigo.... chamariase metaartigo?


x: vaga

cada vez me é máis dificil parir o blo


i: ao mellor xa rematou a etapa de escribir o blo, non ten pq durar sempre.


x: supoño que está paralelamente relacionado co meu autismo incipiente


i: ehhhh????


x: jeeeeeeeeee

si, si

bueno incipiente non, q xa levo así uns meses

i: as veces que nos veiamos si te notaba un pouco ausente pero non te dixen nada pq supuxen que era cousas do momento ou das circunstancias


x: pois non, agora mesmo, ae das poucas veces q non estou ausente porq

estou a falar contigo do q me pasa sinceiramente

supoño q esto de poñerme e entreterme ajora contigo a falar

é unha maneira máis de pasar de escribir no blo


i: ou sexa, que son unha excusa? un pretexto na tua vida?


x: uf, non quería dicir Iso


i: acabasme de ferir nena ;)

<3


x: q mal me expreso


i: non te preocupes será parte do teu autismo

jeje


x: pode ser


i: que tal por esas terras?


x: ---------------------------------

x está autista nestes momentos

desculpe as molestias


i: jejeje

ou non é coña???


x: non non é coña


i: upps

elo?


x: veña, q xa voltei

xa tou de novo


i: o bo é que te recuperas pronto


.....................................................


i: sexa como sexa estoy aqui... e podes vir a casa cando queiras a praia que a mar salgada reanima os animos

x: tou intentando reencontarme de novo nestas terras. xa, pero aí está o problema

creo

i: que de seguro que a botabas de menos

x: q no quero ver a ninguén

autista

i: ah!!

vale


i: e unha fase nada mais

x: xa

por primeira vez na miña vida

i: pero si que se precisan eses momentos

x: realmente creo q preciso axuda

para sair

deste autismo

i: e como se pode axudar??

x: si o soubera!!!!!!!!!

i: xa!! menuda pregunta!!

x: jejeje

i: jeje

x: sabes onte falei con z, que el xa sabía q andama moi triste os ultimos meses

i: AI SI?

x: e empezou a dicirme

un montón de cousas

q coincidían exactamente

i: que te botaba de menos??

x: con moitos do sentimentos q eu sinto

non

non

para nada

i: jej

x: non van por aí os tiros

i: ok

x: eldixome, sin eu darlle moitas explicacións

case case o q eu estaba pasando

sorprendeume moito

i: e porque coincidian os sentimentos??

pasoiu polo mesmo?

x: e diciame q el tamén pasara rachas así

i: sodes tan parecidos?

x: e dixenlle q cal era a solución?

e dixome q era moi sinxela

tan so o paso do tempo

i: porque as circunstancias poden ser iguais o que cambian son as persoas

x: pero q vai lento

i: ese din que é o remedio para todo

x: sabes, unha das cousas que sinto q el me dicia

é

:

que nada merece a pena, q nin sequera o bo que me pasa

merece a pena

i: pero esa é unha postura moi tráxica!!

non estou

x: e a verdade e así

e como me sinto

i: dacordo

x: e claro cando me poño a analizalo

sintome fatal

porq non teño dereito a sentirme assí

i: non non espera, tes dereito a sentirte como che veña en gana

a ver non estou dacordo en que non teñas dereito a sentirte ... desagradecida? egoista? o calificativo que queiras darlle

ti tes dereito a sentirte como te sintes e punto

é so que é unha etapa na que ao mellor non lle estas a dar o valor que cada cousa ten

pero iso é unha percepción momentanea, é dicir que pasa co tempo

e referido ao tempo que pasa... é moi cómodo dicir que o tempo o cura todo

como se o tempo fose o noso médico de cabeceira

pero ao fin e ao cabo as que tomamolas decicións somos as persoas e non o tempo

nos somos quen leva a vida propia por un camiño ou por outro

e non podemos deixala nas mans dun concepto abstracto

x: xa xa seino

i: porque mañan ao mellor se acaba o tempo e.....

zas!

ohhh

que pasou

que pasou?'

nada muller o tempo

pasou o tempo

x: ahí esta o drama

xusto nesa ultima frase

o q eu e z temos é unha ferida dende sempre, a ferida da tristura ahí latente q nos invade de cando en vez, q nos gusta regocijarnos en ela

q nos leva

deixar pasar o tempo envolvidos nexa tristura

e depois volvemonos sentir mal

i: é algo intrínseco a vosa existencia?

x: por q deixamos pasar o tempo e perdimos tempo valiosisimo

i: polo menos eres consciente

iso é un punto!

x: e q eso é o peor

i: iso nos pasa creo que a todos

x: q son consciente de todo

e aínda así non podo evitalo

i: ser conscienste do que deixaches pasar

seria bo anticiparse ao que vai ocorrer e tomar as decisions antes de que elas nos tomen a nos

pero non é posible

somos persoas

temos mais cousas na cabeza

somos egoistas

x: si, moito, moi egoístas

i: ei!! egoista ti eh?

jeje

x: jejej

-----------------------------------------------------------------------

x: estou empezando a perder o fío de todo isto

i: pois eu fai media hora que tiña que por un parte de reaparición,

non pasa nada xa está na casa

x: joér

fugouseche un?

i: non, tiña trazas de non vir, pero ao fin viu

x: ves!?

i: pero eu xa lle puxera parte

x: sempre voltamos

jejeje

foi o tempo

pasou

e xa está

jajajajajajja

i: jajajqaj

x: o bo sintoma de todo isto

e q todavía

continúo a ter humor

aínda q sexa humor nejro

i: e non o perdas nunca

é o que ten o prestige que o tinxiu todo

que bo chiste

x: ui

non entendo o do prestixe

?

i: a ver, de verdade?

x: si si , non entendo

i: humor nejro....... todo nejro de chapapoteeeee

o pillas

ou é moi malo?

x: puf, e q é un pouco malo

i: vale é malo

egoista!!!

x: ademáis e q eu do prestige nin quero recordalo

ves ahí

está un bo exemplo do q estabamos a falr

de q serviu o prestxe

i: xa ves que en corme houbo festa do persebe coma se nada

todiós a chuchar!!

x: ahí está todo nejro

marea branca de voluntarios

i: pero iso eran todo guiris muller

x: maremotos de manifestación

e na

todop sije a ser ijual

i: os do banquete

x: calquer día destes encallame outro na porta da casa

e na estamos ijual

i: xa, rápido esquecemos

x: ahí esta

de novo

o tempo

q axuda a esquecer

ves ves

o tempo

i: esta semana saiu a praia de rostro na tv dicindo a señoriña que ainda habia debaixo da area

si pero neste caso pareceme excesivamente rapido

para desastre de tal dimension

ah ! existe o futbol xa me esquecia

x: eh!

i: que!

x: non entendo o do futbol


x: si outra ves

i: as distraccións

x: o autismo

i: o opio do pobo

x: ah

i: a tele

x: si si

o futbol

i: ves? o autismo

x: a formula 1

o nadal

i: que todos nos volvemos autistas

viches

x: o lorenzo

i: o tenis

alonso

x: a verdade e q están de racha

q xeración de machotes

eh

i: las hijas del principito

x: !

i: joder, leonor y demas

x: ah

i: que nos ocupan parten importante da nosa vida

belen esteban

x: pobre, deixa a belén estaban en paz

q está peor ca min

pobre

i: a que te refires

x: agora si q me sinto afortunada de novo

gracias nécora

i: ves

ti si que sabes apreciar

mmmm me encanta as necoras da ria

x: pois mira ti por onde

i: as francesas non

x: q creo q xa sei q vou poñer no post

do blogue

i: que ben!

non!! que medo !! ti tamen vas falar da belen esteban??

x: jajajaj

mira mañá o blogue e saberalo

mañá ou dentro dun rato

i: ok

x: porq con esta velocdade de conexión

pode que lle leve a noite subilo

i: vale

x: ata mañá

vémonos no blogue

i: ata maña <3

x: sip



e para dixerir este post o mellor é éscoitar esta canción titulada VIVA LA VIDA! DISFRUTEMOLA!


ainda que eu son máis desta outra canción, violet hill.