29 de julho de 2008

xabarín que che vin!

A fotiña saqueina unha noite destas a eso das 9.30 da noitiña, diante da ventá da cociña.
bueno!,
xa vedes, o que non publiquei durante o mes de xuño,
vouno recuperando agora, os pouquiños.

o caso é que como dixen con anterioridade, había cousiñas que quería compartir con todos vós e unha desas historías é a dos xabaríns.

O calidonia e o 3 miniaturas me recomendaban que escribise no meu bloguo das miñas aventuras a beira do barbantiño, e unha de estas aventuras é a dos xabaríns!

bueno!
, aventuras ,
aventuras non sei se merecen a categoría de aventuras, pero eche así1

o caso, que na miña horta pulula unha gran familia de xabaríns, e digo gran familia, porque xa os teño máis que vistos e estudiados; ata nunha ocasión vin catro de paseo por diante da ventá da miña cociña, eranche dous grandes e dous pequerrechos. E a pasada semana vin outros tres, pero o grande, erache moi grande, e os pequenos, un jabatiños pequerechiños, que nada tiñan que ver cos catro de fai un mes.
así que polo menos, teño arredor de 7 xabaríns facendome compaña.

deben xa estar moi afeitos a min, despois de xa un ano compartindo beira do Barbantiño con eles, porque a verdade nin caso fan de a min, cando lles dou unha palmada para asustalos, ou lles boto unha cantinela.
nada!
nin caso!

me miran de esguello e continúan comenzo as mazás que a min non me da tempo a comer!

Ademáis, sonche moi precisos na súa visita diaria, a eso das 9.30 da noite xa empezan a verse;I eu, que son moi boíña, e moi puntual, non falto a súa cita e alí estou, cos bruces pejadiños a fiestra para sacarlle fotos.

Vou ter que mercar unha camara destas de video, para facer un video documental como eses da 2.

Bueno, a pesar de todo o que revolven na horta ou no camiño, a min no me molesta, agás cando tirán un carballo de tanto revolver o seu arredor, ou tamén son moi molestos, cando vou unha noite destas de Ribeiros por Ribadavía, ou por Ourense, e a volta os teño esperandome no portal.

E vos imaxinaredes que están por fora do portal, a que sí!

pois nada diso, eles viven tan ven coma min! Están esperándome dentro da finca, por dentro do porta!

E claro, ahí si que me------- ao velos, a ver quen baixa a abrir o portalito!

Bueno, despois de tentalo cas luces longas, cas miñas palmadas, co pito do coche e nada,de nada,
poño á Amy Whinhouse esa, e ala!
listos!
despavoridos saen.

E é que a amy, eche moito!
E ata me recorda a eles,
xa que ten unha cabeleira similar!

5 comentários:

tritón do barbantiño disse...

o día que os ríos e montañas do mundo empecen tamén a crear os seus blogues...un dos primeiros será sen dúbida o barbantiño, e un dos seus primeiros post estará dedicado a palmiriña, por todas as verbas de alegría que vertes na rede, por todas as viaxes as que nos convidas a visitar o río que tódalas noites cóntate contos para que durmas ben...
:)

Chousa da Alcandra disse...

Xa vexo que Palmira vai acabar sendo unha ONG.
Con respecto aos xabaríns, pois non quería eu asustarte máis; pero sí que che recomendo moita prudencia con eles, postos que son animais bastante feros e -sobre todo cando se sinten acorralados ou se teñen crias- non dubidan en atacar cos seus colmillos coma coitelos.
Así que paréceme ben que os observes, pero non te fies, que éstes cando se poñen farrucos son moito máis feros ca min...

Un bico dende o nacemento do Ulla

paideleo disse...

Pois aquí tés unha fermosa e curiosa historia.
Gustoume e ogallá que a vida netre os xabaríns e ti siga tan ben levada.

d´Agolada disse...

Por aquí tamén temos xabaríns, de cando en cando métense nas fincas dal aldeas e causan unha desfeita jejeje. Bicos

Xurxo disse...

O que son as cousas da vida. Chego hoxe aquí polo chuza. 3ª chuzada do dia! parabens. Cando entrei para ver aos xabaríns non sabia quen era a autora.
Eu tamén teño unha horta chea de maceiras, e unha xanela do meu cuarto enriba dela. E uns visitanes ruidosos, unha tropa de xabaríns tremenda, que pasan a diario (mellor dito a "noitario") darse unha enchenta as 03:30 aproximadamente. Cando non estou esperto, espertanme porque foron collendo xa tal confianza que non se cortan o mais mínimo e comen a bocachea.