22 de novembro de 2008

mimadriña!, calquer día destes vamos poder falar con dios e cos mortos!




"Imaxina un mundo onde cada persoa do planeta ten acceso libre á suma de todo o coñecemento humano”,
 dicía Jimmy Wales, fundador da Wikipedia.

Pois miña abuela flipa con esto da rede e prejuntame onde caben tantas cousas, porque a ela esto da rede non lle cabe na cabesa, cando lle ensino cousas na rede!

Hoxe ensineille o goolzoom e buscamos os prados e as leiras, sen sair da cociña. Jeeee, xa o di ela: mimadriña!, calquer día destes vamos poder falar con dios e cos mortos!

fotiña no coto de novelle coa camara estropeada!

14 de novembro de 2008

por que sempre me dis que levo o puño dos meus xerseis manchado de red



eu tamén utilizo o russian red nos meus beizos, pero eu sempre o desjasto un pouquiño co puño do xersei.

Boa fin de semana san martiños/as!

8 de novembro de 2008

O Beirán de Abel

Se puidese elixir a miña paisaxe 
de cousas memorables, a miña paisaxe 
de outono , de vran e merendas, 
elixiría, roubaría esta terra 
que é anterior a min e a todos. 

Aquí estarán sempre, aquí, os meus ollos, 
os carballos en  soidade,
o faladoriño Barbantiño, 
aquí hai páxaros, choiva, un lagarto arnal, 
follas secas, xabarís e namorados baixo a parra, 
nubes que van crecendo na miña fiestra 
mentres a humidade trae queixumes e algunha ra.

Con todo existe tamén o 
pasado coas súas súbitas rosas e os traballos,
cas súas casiñas no colo dunha carballeira e 
a memoria dos meus, e o arrecendo a 
empanada da Vitoria.

Ah se puidese elixir a miña paisaxe 
elixiría, roubaría esta terra, 
este Beirán recentemente atardecido 
no que encarnizadamente revivo 
e do que sei con estrita nostalxia 
o número e o nome das súas cento e pico árbores.


A Abel, por traballar nestas terras e facer delas un paraíso para os teus, para nós, por que a merenda sabe mellor dende que che coñecimos. Un biquiño dende a silla que sta baixo a parra.

Estos versos foron adaptados dun poema de Benedetti.