22 de novembro de 2008

mimadriña!, calquer día destes vamos poder falar con dios e cos mortos!




"Imaxina un mundo onde cada persoa do planeta ten acceso libre á suma de todo o coñecemento humano”,
 dicía Jimmy Wales, fundador da Wikipedia.

Pois miña abuela flipa con esto da rede e prejuntame onde caben tantas cousas, porque a ela esto da rede non lle cabe na cabesa, cando lle ensino cousas na rede!

Hoxe ensineille o goolzoom e buscamos os prados e as leiras, sen sair da cociña. Jeeee, xa o di ela: mimadriña!, calquer día destes vamos poder falar con dios e cos mortos!

fotiña no coto de novelle coa camara estropeada!

8 comentários:

xeiteiro disse...

E iso que é raro que túa avoa se estrañe ou descoñeza algo. Xamais coñecín a alguén con tanta capacidade de traballo, con tanta forza de vontade, con tanta visión de futuro. A ver se vai ser que, facéndonos crer o contrario, resulta que está máis enterada que nós no referente ás "novas" tecnoloxías. Un saúdo e felicidades polo post, por homenaxear a un ser tan marabilloso como señora Anita, exemplo vivo de todos nós.

torredebabel disse...

a túa avóa é moito mais lista que todos os "creativos" da rede e cousas polo estilo! A miña tamén flipaba con isto da internet...

meigalla disse...

e tu dis que a túa abóa flipa con isto...¡¡¡ pero si asta flipo eu !!!cada dia que conecto o "aparato"este e entro no google.....alucino en cores...jeje.
xao.bkñs

paideleo disse...

A min pásame como á túa avoa que non deixa de marabillarme isto da interrede.

Angel Utrera disse...

E digo eu, ¿PAra que imos querer falar con Deus e cos mortos?. Eu particularmente prefiro falar cos vivos,,,,o que pasa é que cada vez falo menos

A lareira de Santiso disse...

Eu aínda non din convencido ao meu avó de que metendo un cartón nunha parede che dá cartos...

Anônimo disse...

un bico dende a terra das cores!!!!!

alerts disse...

I think I come to the right place, because for a long time do not see such a good thing the!
jordan shoes