4 de dezembro de 2008

colecionable


Fai xa unhas semanas lin no blo do xurxo, que él, dende sempre tivo fascinación polas máquina, eso das palas, desbrozadoras e mais ferrallada, ao ijual que afirmaba outro blogue que agora non lembro.

Eu de máquinas non soi moi amija, meu irmán iago si, dende ben pequerrecho dixo que él de maior ía facer carreteras , e niso anda ajora estudiando.

Bueno, que me lío. Eu dende sempre polo que tiven fascinación foi polas gomas de borrar, si, si, de pequerrechina tiña unhas dúcias delas metidas nun bote. E gastaba os cartos da paga e mercar gomas novas. Encantábanme especialmente as de Milán nata, a de 10 pesetas de cor branca e cuadrada, e si había aforros por que non invertir nunha goma de papel rosa de 50 pesetas, que era como a xoia das gomas.

Ata aquí a cousa, parece normal, non? Sí, parece normal, unha nena que colecciona aljo, normalísimo.

Pero ajora que me poño a recordar , noutro bote máis pequerrecho, coleccionaba, as pelusiñas que quedan cando borras, as que tiras ao chan. Jjajaja, si si, eu tamén as xuntaba.
jjajaja será iso un principio do síndrome de diógenes.

Y falando disto, leoeosseus, cuspe de pita, antón de muros, meigalla, que coleccionabades?

Por certo, graciñas pola goma de milán con papel rosa, que o outro día alguén roubou no seu traballo para min, jejej!

6 comentários:

meigalla disse...

naqueles tempos eu usaba as carpetas de anillas,e tiña que comprar as follas pra lle por dentro, e coma non de cores, alguns non traian os buraquiños,e tiñallos que facer cun aparatiño,¡¡ saían uns circuliños mais chulos!!pois iso era o que eu colecionaba,e como eran de cores despois usabos pra lle tirar encima a arbore de nadal"que chulo quedaba" ainda que lle cairan case todos ao chan.
As gomas eu so tiña unha enorme ,desas de milan de nata,pero eso si...que ningen ma tocara,tiña coma ouro en paño,so a sacaba pra enseñala e facer rabiar a algunha amiga.

xurxo disse...

O das máquinas era o mueja (autoxiro.blogspot.com)
O mellor desas gomas de nata era o ben que ulían. non importaba que non borraran nada e se desfixeran axiña, o que importaba era o ben que cheiraban...
E o bon tamén desas gomas era ese plastiquiño vermello transparente que as cubría, e que estaba cargado de electricidade estática. Pegaba-se a todo o condenado. Mira que nos divertiamos...

Por certo, para gomas (da miña época de EXB) aquela goma sandwich de duas cores, si mal non lembro rosa por fora e verde polo centro, alongada e coas puntas en forma de cuña. Seica valían para borrar tinta de boligrafo. Asi as vendían!!!

A ver, non era que borraran a tinta, é que directamente arrincaban o papel! Era como unha lima de grao fino que raspaba no papel.

E falando disto, eu nunca fun de "gostos maioritarios".
Quizais por iso merco coches italianos que me duran máis de 250.000 km, pero que todos os que teñen os seus aburridos coches alemáns ou franceses, sempre che dan a murga dicindo que seica "os italianos" non che son nada fiables. Eu penso que é envexa, por ter un coche alemán aburrido mentres outros temos coches "distintos".

E isto dos coches e os gustos maioritarios penso que me veu da exb e das gomas e demais.

A ver, a min nunca me gustaron os putos lapises stadler 2HB que nos obrigaban a mercar (http://aguileraweb.com/images/120-1.jpg) Sempre que podia mercaba un faber-castell vermello 1HB. Era como un xeito de rebeldía, jejej.

Eu non era de BIC, e de ser, en todo caso era de bic naranja e no de bic cristal. Nos bolis si que prefiria os stadler sierra azuis. Cantas mesas escolares escarallaron estes bolis... Eran como unha puta lima de aceiro... Eh! que eu non o facia!

E vou parando xa de tantos "feitos diferenciais"... pero outro dia falo das libretas :P

pablo disse...

jeje...pois eu non che era nada orixinal...coleccionaba coches...tina unha morea deles nunha bolsa de plastico, supono que do claudio...ata q un dia veu por casa a filla duns amigos dos meus pais e regaleille todos...agora co tempo dame un pouco de pena non contar con todos os carros...xa de pequeno gustabame apuntar maneiras en eso de non amontoar riqueza e compartir aquelo que tina jeje
...bicos anticapitalistas :)

caro disse...

Entroume a min aghora iso de dicir o que coleccionabamos pero a todo isto teño que dicir que nunca me gustou e non me gusta coleccionar. O que si comecei a xuntar cando era mais nova foron as cunchas dos caracois de terra, atrianme como se debuxaban as liñas. E é que nunca me parara a miralas detidamente e unha vez que o fixen... comecei a arrexuntar. Xa se me pasou.

bagoas insomnes disse...

Moitas gracias a tod@s , e en especial ao xurxo, que mimadriña, o teu comentario ben merece ser unha entrada do blogue. Jejej. Moi simpático o teu caracter diferencial.
Bueno, despois desta entrada miña no blogue, e gracias a paideleo, anda agora un meme por aí navegando, o meme das colecións, e está moi simpático. Jejejej!

alerts disse...

Although from different places, but this perception is consistent, which is relatively rare point!
nike dunk