23 de dezembro de 2008

Bo nadal e coidádevos da friaxe!


as bonecas son o meu maior tesouro, regaliño dunha boa amiga, esta son unhas de moitas, moitismas!. Graciñas Maruja!

18 de dezembro de 2008

13 de dezembro de 2008

Nenos xardineiros no Sardiñeiro


Hoxe cando cheguei a miña casa, na que nacín, en Sardiñeiro, un sos meus sobriños, o Brais, veu correndo a min dicíndome co seu falar fisterrán, "osnenosdesardiñeirosomosxardineiros. Mima, que dis?, lle dixen eu? Que os nenos de sardiñeiro somos xardineiros!, explicábame mentres me daba un recorte do xornal deste pasado xoves. E si era certo, na nova saía o meu sobriño e unha prima, María, no cole de Sardiñeiro, no que estudiei eu a EXB. Os nenos do Sardiñeiro e os seus profesores andan a sachar no patio do colexio, un pedazo de terra e de aromas. JOOOOOOO! iso era o que eu quería cando era pequena e recordo que un profesor unha vez dixo que o íamos facer, e nada, nunca chejou, o único relacionado, o máis parecido foi plantar unha faba nun vaso de iogur de Chambursi. Jeje, tamén recordo que unha ves pedinlle unha caixa ao meu pai, unha caixa branca, desas de mariscador, na que meu pai gardaba os percebes. El me preguntou para que era, e eu lle dixen que era para facer unha horta. Pretendía poñer esa caixa zanorias, pero seica non se deron, non debían ter moito fondo. Despois nos vrans, o meu instinto horticultor saía a luz, cando pasaba unhas semanas na casa da miña tía Carmen en Lires, que tiña unha horta enorme, enorme e alí había de todo, por haber, haber, ata había un sapo entre as patacas recen sachadas que me mexou na perna. Pois so queda dicir o profesor, parabén! Que boa iniciativa! Ai que ver, que fácil de facer, e cantos anos tiveron que pasar para que neste fermoso cole se fixera algo así. Alegreime tanto, que fun co meu sobriño ata escola a sacar unhas fotos , pero oooooooo! non puidemos entrar por que o cole estaba pechado. Haberá que intentalo un dia durante a semana. Je, xa irei a espiar, se o seu romero vai mellor co da miña horta.


caracois, lagartos e unha cama



fai semanas que unha amiga ensinoume este video e dixome que seica eso das sabanas blancas e ese espacio lle recordaba a min, a verdade e que así foi, para sorpresa miña, eu recoñecinme entre a cama caleada e os versos de micah.p hison.
eu poderia facer un video similar a este e de feito estouno a pensar, ainda que pola fiestra da miña habitación o que entran son lagartixas e algún que outro arnal que veñen a pousar o corpo verde na cama caleada e arrugada polo cansancio. Por certo, disfrutade o video e acordadevos de pausar a musica que atopades no aparello a man esquerda , máis abixo para disfrutalo!

6 de dezembro de 2008

beeeeeeeeeee


mirade!
 farteime de contar ovellas, tantas contei, tantísimas, que ata conseguín ensinarlles a voar!
Aqui as tedes, a piqueTamaño de fuentes de despegar!

e agora un conto para durmir (se non te molesta tanto beeeeeeeeee)
Había unha vez un pastor que comprou un rabaño de ovellas, pero cando as coñeceu resultou que non paraban de bear constantemente. Todo o día ían "beebee" creando un barullo enxordecedor, ignorando todas as ordes do pastor. Este utilizou todos os medios para facerse oír a si mesmo e aos seus cans, pero todo foi inútil. Finalmente, vendo que as ovellas non paraban de falar, púxolle bo humor e decidiu comprar unha enorme orella, e levala alí no seu camión. Incriblemente, ao ver a orella as ovellas deixaron de bearse unhas a outras, e todas comezaron contar as súas penas a aquela grande orella e a seguila segundo se movía o camión.
Así foi como o pastor comprendeu que ata as ovellas teñen algo que dicir e queren ser escoitadas, e grazas a iso, agora pode presumir de ter un camión-orella pastor, o único do mundo. 

4 de dezembro de 2008

palmiras e xogos




Jejeje, o pasado sábado andivemos de xogos en Astariz, alí atopeime a dúas Palmira, imaxinádevos, tres palmiras xuntas fedellando cos trompos, cas chapas, saltando a comba...



Por certo Paideleo, Palmira sería un bonito nome para irmadeleo, non cres?

colecionable


Fai xa unhas semanas lin no blo do xurxo, que él, dende sempre tivo fascinación polas máquina, eso das palas, desbrozadoras e mais ferrallada, ao ijual que afirmaba outro blogue que agora non lembro.

Eu de máquinas non soi moi amija, meu irmán iago si, dende ben pequerrecho dixo que él de maior ía facer carreteras , e niso anda ajora estudiando.

Bueno, que me lío. Eu dende sempre polo que tiven fascinación foi polas gomas de borrar, si, si, de pequerrechina tiña unhas dúcias delas metidas nun bote. E gastaba os cartos da paga e mercar gomas novas. Encantábanme especialmente as de Milán nata, a de 10 pesetas de cor branca e cuadrada, e si había aforros por que non invertir nunha goma de papel rosa de 50 pesetas, que era como a xoia das gomas.

Ata aquí a cousa, parece normal, non? Sí, parece normal, unha nena que colecciona aljo, normalísimo.

Pero ajora que me poño a recordar , noutro bote máis pequerrecho, coleccionaba, as pelusiñas que quedan cando borras, as que tiras ao chan. Jjajaja, si si, eu tamén as xuntaba.
jjajaja será iso un principio do síndrome de diógenes.

Y falando disto, leoeosseus, cuspe de pita, antón de muros, meigalla, que coleccionabades?

Por certo, graciñas pola goma de milán con papel rosa, que o outro día alguén roubou no seu traballo para min, jejej!