13 de dezembro de 2008

Nenos xardineiros no Sardiñeiro


Hoxe cando cheguei a miña casa, na que nacín, en Sardiñeiro, un sos meus sobriños, o Brais, veu correndo a min dicíndome co seu falar fisterrán, "osnenosdesardiñeirosomosxardineiros. Mima, que dis?, lle dixen eu? Que os nenos de sardiñeiro somos xardineiros!, explicábame mentres me daba un recorte do xornal deste pasado xoves. E si era certo, na nova saía o meu sobriño e unha prima, María, no cole de Sardiñeiro, no que estudiei eu a EXB. Os nenos do Sardiñeiro e os seus profesores andan a sachar no patio do colexio, un pedazo de terra e de aromas. JOOOOOOO! iso era o que eu quería cando era pequena e recordo que un profesor unha vez dixo que o íamos facer, e nada, nunca chejou, o único relacionado, o máis parecido foi plantar unha faba nun vaso de iogur de Chambursi. Jeje, tamén recordo que unha ves pedinlle unha caixa ao meu pai, unha caixa branca, desas de mariscador, na que meu pai gardaba os percebes. El me preguntou para que era, e eu lle dixen que era para facer unha horta. Pretendía poñer esa caixa zanorias, pero seica non se deron, non debían ter moito fondo. Despois nos vrans, o meu instinto horticultor saía a luz, cando pasaba unhas semanas na casa da miña tía Carmen en Lires, que tiña unha horta enorme, enorme e alí había de todo, por haber, haber, ata había un sapo entre as patacas recen sachadas que me mexou na perna. Pois so queda dicir o profesor, parabén! Que boa iniciativa! Ai que ver, que fácil de facer, e cantos anos tiveron que pasar para que neste fermoso cole se fixera algo así. Alegreime tanto, que fun co meu sobriño ata escola a sacar unhas fotos , pero oooooooo! non puidemos entrar por que o cole estaba pechado. Haberá que intentalo un dia durante a semana. Je, xa irei a espiar, se o seu romero vai mellor co da miña horta.


9 comentários:

niar disse...

O blog en el que verdaderamente grandes.
aunque no entiendo el sentido del nombre
pero me gusta
el placer de conocerte

Chousa da Alcandra disse...

(Vaia, vexo que a rapaciña indonesia nos visitou a todos!. E...dinos a todos o mesmo!!jajaja. Que riquiña).

No que dis de plantar no teu cole direiche que o Colexio de Antas ten diante unha morea de arboliños que plantamos cando eu era alumno de EXB tamén. Pero medraron tanto que tiveron que "rarear" algúns e o que plantou o meu curso...cepillárono fai anos :-(.

Na web do Concello de Antas estes días están postos precisamente como páxina de inicio (http://www.concellodeantas.org )

Bicos para ti e parabéns para os nenos do Sardiñeiro que xa son xardiñeiros

LM disse...

uf...parece um trabalinguas...que dificil...
beijos

caro disse...

eih!! eu tamén plantei unha faba pero creo que o iogur era de La Tomiñesa, supoño que por proximidade. Tamén nos levaron ao monte a plantar carballos pero non deberon dar porque so vexo "arcalitos".
Boa iniciativa dende logo e merecedora de ser plaxiada.

paideleo disse...

Eu tamén prantei árbores na EXB e agora son bechos enormes que van acabar como os do amigo Chousa; me temo.
Estiven cheirando as fotos e resultoume curioso o pombal en forma de casa.

Emilio disse...

a verdade e que o comenzo parece un puco un trabalimguas pero cando lees a cousa entendes a emocion dos nenos e a tua tamen ao lembrar momentos teus de cando estudiabas ali .saudos

aopedofarelo disse...

Fai anos Jose antonio Labordeta cantaba:
¡Habra un dia en que todos al levantar la vista veremos una tierra que ponga libertad....¡¡
Eu vexo, que vos tamen andades a rebolos, e buscades como todos unha terra, unha esperanza un futuro.....¿E cal mellor que verde, en verde, desde el verde da esperanza nos nenos.....?
Un bico

xeiteiro disse...

Este chucurriquinco éche moi espabilado,... xa quixeras ti á súa idade saber tanto coma el, jejeje

splendid disse...
Este comentário foi removido por um administrador do blog.