19 de setembro de 2007

hai un lagarto na miña fiestra

11 de setembro de 2007




A EXTRACCIÓN DA PLUMA
Matahari na trampa
10.09.2007



por Iolanda López López


Momo racha con fulgor os pasos retrógrados dos grises. Non hai argucia que poida coa súa mente. Canto menos entenden, máis cren furar nos pés da súa bondade. "Os peixes-FEMIA andan sós". Cada dedo cae nunha artimaña. Distintos formatos. Ela garda as cartas no corazón espídico, na intuición feromónica que algúns insisten en chamar debilidade, outros burdel, outros tolemia. "Non somos feras / quen torturamos ao vencido". Cada truco alleo provoca a gargallada na súa intelixencia, ou cecais o absurdo. Porque nos castelos de vea ardente, é triste sentir que os ananos sen coraxe son inimigos de si mesmos sen escudos de por medio, só falsos muros de arame e aceiro. Porque cando Momo quere erguer sorrisos e fornecer almas, outras cordas devecen por afogala. Porque cando o esquío-tartaruga coida das árbore-vítimas, elas mesmas bótanse contra todo por non ser capaces de aceptar os erros e palialos. Criticar para evoluír, non para facer dano. Mais sempre haberá unha cabeza de turca: Momo-matahari. "A penas é dado entrar no paraíso / pola porta do váter dun café". O humanismo hoxe en día é o bico dos desdentados obsesionados por palidecer nas miserias que agochan, vagabundos feridos, aínda que sexan burgueses adoitando semellar o que non son. "Vita è de l"alme il bacio, / é vita di natura".



Mágoa esperpéntica dos que cremos sabelo todo. Paradoxos inintelixibles. Internet, fonte de información, mais tamén harpía escura fomentando incomunicación e control. Momo cae na trampa dalgúns covardes. Mais as feridas lévana á metamorfose do ferro. Muller forte e sabia que non volverá errar. Inmune ás mofas e á soberbia. Ela arrinca imaxes primixenias. Ninguén enfiará os seus peitos con guións pésimos de gigolós-oas. Porque ás veces as cousas mudan, aínda que poida resultar imposible. "Procurarás en van desfacer a marca invisíbel / da miña lingua na túa pel". O tacto da mentira nunca morderá lixo no seu corpo, nunca. As tixolas do soño descansarán no nuboeiro da vitoria, non da derrota. Fortaleza erixíndose. Egua no vento esvarando polo atlas da xeografía humana. Porque nas súas adentras Momo é feliz. Para ela, nada é alleo. A boneca adulta sabe escoitar, distinguir o grisáceo do auténtico, coñecer os que respiran brétema na candidez da veracidade. Suficiente. Maniqueísmo bipolar? (Pre)xulguen vostedes, nesta multidemocracia onden mandamos os mandados polo noso medo.








9 de setembro de 2007






O panorama nas nosas cidades é hoxe en día desolador: as rúas convertidas en couto privado dos automóbiles, cos demáis usuarios da vía pública acantoados, fuxindo do perigo. Motos a escape libre, bocinazos, atoramentos, as beirarrúas empregadas como aparcadoiro. Autovías, circunvalacións que actúan como barreiras, foxos infranqueables que desconectan barrios. A función orixinal da cidade como espazo socializador, de intercambio cultural e interacción humana vese afastado no medio do caos circulatorio. O peón e o ciclista son especies ameazadas, en perigo de extinción. ¿Que podemos facer?



Temos que ser conscientes da pegada ecolóxica que conlevan as nosas necesidades de desprazamento, dos custos ambientais e sociais que representan. Temos que avaliar a realidade desas necesidades e o xeito de realizalas co menor custo posible. Temos que recuperar a nosa centralidade como parte da cidade, desbotando o coche, e a actitude que representa, do noso xeito de vida. Temos que recuperar as rúas, as prazas, a convivencia, o xogo na rúa. En definitiva, temos que rehumanizar as cidades. Un elemento fundamental nesa humanización son as posibilidades que ofrece a bicicleta.
Máis a bicicleta non é unicamente un medio de transporte, é un elemento socializador, de saúde, liberador, divertido, que ademais contribúe a túa mobilidade. É o instrumento fundamental para dar un xiro radical as políticas urbanísticas e convivenciais das nosas cidades e vilas e, integrada co transporte público colectivo, solucionar os problemas que o automóbil particular está a ocasionar na nosa sociedade. Supón unha actitude vital, de respecto ao medio ambiente e ás persoas.


Por todo isto, o vindeiro sábado 22 de setembro celébrase a 1ª Masa Crítica Galega. Achegaranse ciclousuarios e ciclousuarias de toda Galicia na que se pretende sexa unha xornada lúdico-reivindicativa onde defender que outra forma de movérmonos é posíbel! .


O programa provisional de actividades é o seguinte. Agás a hora e lugar da Masa Crítica, o resto das actividades poden sufrir algunha modificación.


11:00 - Obradoiro de mecánica e decoración reivindicativa da bici. Poderás axustar a túa bici e decorala.Traede ideas e materiais para compartir!


12:30 - Masa Crítica Galega. Sairá as 12:30 e faremos un percorrido devagar polas principais rúas de Santiago.


14:00 - Xantar Colectivo. Sa hai bo tempo cada quen pode traer (se quere) algo para xantar/compartir todos/as xuntas no Parque de Bonaval. Se o tempo non acompaña procuraranse outras opcións (iremos informando)


17:00 - Proxección do Documental Return of the scorcher (v.o. subtitulada ao galego) que describe os inicios do "movemento" da masa crítica en San Francisco nun centro socio cultural da cidade.


18:00 - Mesa redonda coa participación de representantes de grupos de ciclousuarios/as participantes sobre a situación da bici en Galicia, futuro etc.....

4 de setembro de 2007

é un pracer dar a benvida os que regresan con tódalas nostalxias intactas

e o día seginte a festa da vendimia en Leiro...

Moi popular e moi acolledora.
os nenos foron sen dúbida os protagonistas
e a carroza gañadora a 5,
q levaba no seu colo un alambique
e unha prensadora fermosas.

sei q esto q vou dicir pode ser polémico,
(tou aberta a explicacións e diversas opinións),
pero non comprendo como a capitalidade do ribeiro
non volta a brillante vila de Leiro,
pois día a día demostran a esencia da comarca do Ribeiro
e a hospitalidade das súas xentes.

un saudo e moita saúde para o ribeiro

o ribeiro e a choiva mollaronnos na ...

a pesares de minitornados, raios, electrodos, ribeiro demáis,
resistiu a festa,
ainda q eu cando mollo os pes,
escapo como lagarto a sombra.