28 de março de 2007




distancia
co
tempo
esquecido
FOTO:Bárbara no Mosteiro de Santa Cristina.Sil
E hoxe esperei
a que ardese a terra
busquei a postura idónea
para adentrarme no bosco
e con cal
ir gravando a distancia
entre as pisadas
agora estou no centro
ollando a lentitude
dos meus pasos
precipitarse contra as rochas
son
como unha parte do bosco
ou como un animal enfermo
o signo
dunha locomoción
arrasada.


Estevo Creus
(de Teoría do lugar, 1999)
pasou o inverno,
e despois de tódolos sorrisos silandeiros tras os montes,
a nudez daquel árbore,
torna en cabalo verde para a esperanza.
a felicidade de ser unha mesma,
a de ser vós.

a caro, bárbara e pablo por tantos sorrisos destapados

27 de março de 2007

foto en Parada de Sil


Existían cidades
enormes
nas ribeiras.
Caladas,
durmidas,
ignorantes do regreso
dos barcos, que
repletos de argazo alimentaban
a ironía do destino.
O día non chegaba
pois o sol
que nacía
non era quen
de erguelo
nin de rachar a noite,
que fría e
poderosa
inundaba as ribeiras.
E así, do tempo en diante
van hoxe
os homes todos, vencidos e tristeiros,
orfos. E na noite do día consomen as angurias
para chegar á noite
e fracasar de novo.


Marta Dacosta
Pel de ameixa (1996)

Bos días!!!!!!


para unha insomne como eu,
tamén é importante a chegada do sol,
das mañás,
dos almorzos con tomates.
ai! durmir,
agarradiña as costas do sol,
que me da caloriño.

25 de março de 2007

contrúo todo o tempo casas nas que deitarme




Porque eu sei que todo é un proceso de esperar
e doerse.
A distancia sei que pode reducirse coa estratexia
e a beleza entraña, de seu, unha ferida.
Constrúo un leito de cravos pra cravarme.
Mato o tempo, redúzoo.
Fago da casa un leito de faquires.
Sangro
nubes.

O libro dos cans
Estevo Creus

21 de março de 2007

neste día de poesía, quero celebrar a antipoesía

La antipoesía es una lucha libre con los elementos,
el antipoeta se concede a sí mismo el derecho a decirlo
todo, sin cuidarse para nada de las posibles consecuencias prácticas que puedan acarrearle sus formulaciones poéticas. Resultado: el antipoeta es declarado persona non grata.

Hablando de peras el antipoeta puede salir perfectamente con manzanas, sin que por eso el mundo se vaya a venir abajo.
Y si se viene abajo, tanto mejor,
esa es precisamente la finalidad última del antipoeta,
hacer saltar a papirotazos los cimientos apolillados de las instituciones caducas y anquilosadas.

Y aquí viene un paréntesis:
Tal vez en el método de combate sea, después de todo, donde estribe la diferencia entre poeta soldado y antipoeta:
el antipoeta se bate a papirotazos, en circunstancias de que el poeta soldado no da un paso sin su ametralladora portátil.
Por razones de carácter personal el antipoeta es un francotirador.
Lucha por la misma causa, pero con un método completamente distinto, sin negar al poeta soldado, colaborando con él desde lejos, aunque su método pueda parecer ambiguo.
por Nicanor Parra


estabamos ansiosos pola súa chegada, e por fin, aí viña...co seu arrecendo a melanina

palabras ocultas para os corpos espidos

bonecas con traxes de cores para amar no futuro
fuxida
sempre queda a fuxida e a volta a casa


Foto en Vilaverde

primaveiras


está a pechar o inverno,
como a miña nostalxia tapa os buraquiños da túa parede tendida á xeada

14 de março de 2007




Concurso Lisboa Ideal

Urgente! Urgente!
Precisam-se de sonhos,
utopias
e desejos,
divagações,
ambições e aspirações para esta nossa cidade. Qual seria a Lisboa Ideal? A pergunta é feita a todos quantos queiram responder e as respostas podem ser dadas no formato mais original que se consigam lembrar: fotos, vídeos, textos, tudo é possível. Quem nos anda a mexer os cordelinhos da imaginação são os do Alkantara associados à ZDB. É um evento público que irá complementar outro. Eu explico: os trabalhos recebidos serão exibidos a 12 Maio, inseridos no projecto "Lugares Imaginários", onde sete parceiros de sete cidades mediterrâneas reflectem sobre as suas cidades reais e ideais. Vamos mostrar-lhes a verdadeira cidade imaginada. Puxem pelas cabeças, lembrem-se do potencial e arrasem no

envio de material . /Jane
impressão

envie

ONDE
Envio para link abaixo ou Lisboa Ideal Rua do Forno do Tijolo, 54 - 5ºEsq1170-138 LisboaTel.213 152 267

QUANDO
Deadline de envio: 25 Abril

12 de março de 2007

Rostro, esta vez máis verde que azul


Anos máis tarde, nun artigo –sobre un libro meu- publicado na Voz de Galicia , (29-03-1984) relembrando aquel tempo, diría o propio Carlos:

"Somos amigos desde os turbulentos anos da adolescencia, cando pensábamos que ser escritor consistía en ler versos de Rimbaud e prosas de Zola no cementerio de Xinzo, polas noites".

E engadía estas palabras de Zola, extraídas dos Contos a Ninón:

"Gústanme os cementerios cando o ceo está azul e vou a eles coa alma desnuda, como a unha cidade santa na que todo é amor e perdón" (14/05/2002)
A casares habíalle gustar este día de verde nostalxia no ceminterio de Sardiñeiro, dende o camiño novo
Carlos Casares: unha obra de amor a Galicia.
Por Francisco Domínguez Romero
Podedes atopar o artigo enteiro en
Teño que recoñecelo, cando Marcos me convidou a participar na homenaxe a Carlos Casares, sentinme un pouco desconcertada, máis, pouco sabía eu da obra de Casares, non sendo o que había lido e estudiado no COU de letras.
Fun a fin de semana a Sardiñeiro e fixo uns días de sol e verde nostalxia ( o domingo todos íamos de verde na casa), así que tomei camiño polo Caribio, polo camiño do ceminterio ata chegar a Rostro,
máis alá do recunquiño que me sirve sempre de abrigo.
Descubrín un Rostro desconocido, enorme, máis aínda;
e alí ata atopei as miñas raices familiares ocultas.
Voltei a casa e saquei esta foto, e pensei que tiña que ampliar a miña percepción das cousas, que tiña que sair un pouco do vestidiño de Palmira. Cheguei a ourense e recuperei aquel libriño do Galo de Antioquía que Marcos me regalara e lino. Despois pola noite no meu camiño nocturno e diario polos blos, atopeime, sen querer e do mesmo xeito que atopei a amplitude do Rostro, este fragmento de Francisco Dominguez Romero que recordaba estas palabras de Casares. Así que como sempre, os camiños unense e levannos ata boas mans e abrazos nos que acurrucarme, e decidín xuntar a foto deste domingo pola mañá do ceminterio de Sardiñeiro con estas palabriñas.
Agora prometo descubrir o Casares do que con tanto entusiasmo fala Marcos e o Modesto.

8 de março de 2007



"LA PROSTITUCIÓN ES UNA FORMA DE EXPLOTACIÓN DE NOSOTRAS LAS MUJERES"
Encontramos en el archivo policial de Cordero infinidad de fotografías de mujeres en situación de prostitución, puesto que ellas estaban obligadas a registrarse.Se las distingue porque llevan de diferentes maneras un velo negro. De inicio este velo ha sido un símbolo de las mujeres devotas que asistían a misa, posteriormente las mujeres en situación de prostitución lo adquirieron para el registro policial. Quién sabe en una forma ambigua de simular a una mujer devota, como también cubrirse parte del rostro. Poco a poco se tornó obligatorio para el registro.
Podedes atopar máis fotos deste arqivo de Julio Cordero na web de MUJERES CREANDO

7 de março de 2007

pegar un chimpo, e dous e tres...



dibuxo de
www.jonasliverod.com


estos días de choiva, decidín andar a chimpos, deixar a auga morriñenta inmóbil, sin alteración. deixala ahí, a espera, a que seque para despois observar os posos da cidade.

ando a chimpos e canto lala la, la la la

6 de março de 2007

olof

agora, polas noites, construímos conversas
eu aprendo olof
i ensino galego

eles aprenden galego
i ensinanme olof e sorrisos brancos
como a lúa que apenas lles iluminou o camiño ata estas costas.

Olof é o idioma de Senegal.

Mar é gueý, que se pronuncia guit. é bunito, non sí?
a eles gústalle bico.

música de ayo

2 de março de 2007

Ó fin sos

Ó fin sos. Facía moito tempo que matinaba en cómo había ser este momento, pero xamáis pensei que as cousas ían acontecer así.Imaxinei mil historias diferentes, había unha morea de conversacións pendentes... e tantas cousas das que tiñamos que falar...! Agora paréceme que en certa maneira idealicei a situación, porque a verdade todas aquelas conversas tantas veces imaxinadas e desexadas quedáronse nunhas sórdidas palabras, que so me produxeron unha grande frustración.Houbera sido moito millor seguir desexando o momento de estar sos, ca sentir este vacío por mor das palabras non ditas.

Rifo I de Zeuquirne

1 de março de 2007













Marchei como quen deixa os temores atrás en busca dun punto cero no camiño. Ía nerviosa e ca tristeza no embigo. non quero pensar no por que, máis esta fin de semana a tristeza ( ou que estou tan confusa pola falta de sono, falta de insomnios ou de xestas non durmidas) invadiume e ata as miñas gafas non lucen tan brancas como sempre.
Dei voltas como o gato negro dos monelos arredor do avia, a ponte que cheira a queimado, a ponte baixiña de pedra e a Marchei, saín fuxida Miño abaixo, parecía que ía abrir o día.


ponte colgante...unha, dúas, e ta 7 veces, como si dunha liturxia se tratase.
Recollín un sorriso i con él me fun a outro dos recodos deste mundo que tí e máis eu contruimos coas palabras, con pedaciños de fotos e pedras de casiñas abandonas. Era un lugar onde de seguro hai seres pequerrechos que teñen orellas como as miñas.

aquel lugar era o pozo dos fumes no río Arenteiro, onde a chuva non empañou nin as miñas gafas, nin o sorriso quente, nin os silencios non ditos. Subimos o pozo dos fumes e o chegar o final do camiño, eu e o sorriso saimos voando da man da choiva entre as carballeiras cara o gris do ceo.



Fotos cor de RRebumbio e bagoas insomnes
fotos B/N de aphantos