6 de dezembro de 2008

beeeeeeeeeee


mirade!
 farteime de contar ovellas, tantas contei, tantísimas, que ata conseguín ensinarlles a voar!
Aqui as tedes, a piqueTamaño de fuentes de despegar!

e agora un conto para durmir (se non te molesta tanto beeeeeeeeee)
Había unha vez un pastor que comprou un rabaño de ovellas, pero cando as coñeceu resultou que non paraban de bear constantemente. Todo o día ían "beebee" creando un barullo enxordecedor, ignorando todas as ordes do pastor. Este utilizou todos os medios para facerse oír a si mesmo e aos seus cans, pero todo foi inútil. Finalmente, vendo que as ovellas non paraban de falar, púxolle bo humor e decidiu comprar unha enorme orella, e levala alí no seu camión. Incriblemente, ao ver a orella as ovellas deixaron de bearse unhas a outras, e todas comezaron contar as súas penas a aquela grande orella e a seguila segundo se movía o camión.
Así foi como o pastor comprendeu que ata as ovellas teñen algo que dicir e queren ser escoitadas, e grazas a iso, agora pode presumir de ter un camión-orella pastor, o único do mundo. 

7 comentários:

Chousa da Alcandra disse...

Certamente que unha das ovellas da primeira fila, a que ven polo medio, semella preparada para o despegue inmediato!!!

Boa idea a do pastor. Todos precisamos ser escoitados, xa que todos temos algo que dicir...

Bicobeeee

Cuspedepita disse...

E seguro que non foi ese pastor o que inventou o blogger? ;-)

Biquiños voadores ;-)

paideleo disse...

Mui simpática a imaxe e o conto !.

Hala, xa respondín á túa pregunta sobre as colecións.

A zanfonista disse...

Hai que bonitas.... Super chula a imaxe. Bicos.

LM disse...

pois case case están a chegar aquí!
beijos

bagoas insomnes disse...

jeje, Cuspedepita:

Pois, mira que che dijo,:
boa apreciación!
si señor!

Un saudiño a todos e todas!

jacker disse...

balenciaga handbag
balenciaga handbags
balenciaga
balenciaga bags