Se puidese elixir a miña paisaxe
de cousas memorables, a miña paisaxe
de outono , de vran e merendas,
elixiría, roubaría esta terra
que é anterior a min e a todos.
Aquí estarán sempre, aquí, os meus ollos,
os carballos en soidade,
de cousas memorables, a miña paisaxe
de outono , de vran e merendas,
elixiría, roubaría esta terra
que é anterior a min e a todos.
Aquí estarán sempre, aquí, os meus ollos,
os carballos en soidade,
o faladoriño Barbantiño,
aquí hai páxaros, choiva, un lagarto arnal,
follas secas, xabarís e namorados baixo a parra,
nubes que van crecendo na miña fiestra
mentres a humidade trae queixumes e algunha ra.
Con todo existe tamén o
pasado coas súas súbitas rosas e os traballos,
cas súas casiñas no colo dunha carballeira e
aquí hai páxaros, choiva, un lagarto arnal,
follas secas, xabarís e namorados baixo a parra,
nubes que van crecendo na miña fiestra
mentres a humidade trae queixumes e algunha ra.
Con todo existe tamén o
pasado coas súas súbitas rosas e os traballos,
cas súas casiñas no colo dunha carballeira e
a memoria dos meus, e o arrecendo a
empanada da Vitoria.
Ah se puidese elixir a miña paisaxe
elixiría, roubaría esta terra,
este Beirán recentemente atardecido
no que encarnizadamente revivo
e do que sei con estrita nostalxia
o número e o nome das súas cento e pico árbores.
Ah se puidese elixir a miña paisaxe
elixiría, roubaría esta terra,
este Beirán recentemente atardecido
no que encarnizadamente revivo
e do que sei con estrita nostalxia
o número e o nome das súas cento e pico árbores.
A Abel, por traballar nestas terras e facer delas un paraíso para os teus, para nós, por que a merenda sabe mellor dende que che coñecimos. Un biquiño dende a silla que sta baixo a parra.
Estos versos foron adaptados dun poema de Benedetti.
6 comentários:
Unha ben bonita composición (pódese dicir collage?)
Pregúntome de quen será a bicicleta con frenos de maneta que sae en catro das fotos...
Deixo os meus respectos ante o que pasou.
Abel estará sempre presente por eses lugares.
Unha aperta.
Antón.
Certamente viñen antes de que poideras poñer voz ás magníficas imaxes.
E fixeime na bicicleta de Abel, na que agora seguramente pedalea con suavidade e co sumo pracer do avanzar sin esforzo. Graciñas por achegarnos con esa tua sensibilidade e maestría a humanidade dunha persoa, dun pobo, dunha bisbarra...dun país!
Un bico!
Fermosos si señor...nont eño o pracer de coñecer a Abel, pero debe sentirse moi feliz, de ter unha amiga que sinte o que ti recoñeces para el..
pois sí Abel... alí en Beirán estaremos agardándote para cando queras vir a dar un paseo... alí sigue a silla onde sempre te sentabas, mirando para a montaña de enfrente, sentindo a liberdade e o descanso de quen ben merecido o ten... penso que deberíamos encargar unha cadeira de bronce na túa honra, e colocala alí... mirando cara a montaña, onde sempre te sentas... unha cadeira que permaneza ao pasao do tempo e dos corpos, inmutable como os teus soños que te levaron a levantar Beirán
os tritóns do viñao estaremos encantados de volver a verte,
compartiches terra cos meus visavós, curioso... hoxe estades máis cerca, si os vés por ahí mándalles un saúdo da miña parte
un bico :)
Tritón do Viñao
Palmira, qué cantidad de blogs tienes y qué bonitos.Llevas una vida interesantísima.No te deben quedar cinco minutos libres.No tendrás que hacer regímenes de adelgazamiento nunca en tu vida.Y no necesitarás tampoco ir al cine ni nada parecido. Hasta luego, Mª Elena
Postar um comentário