24 de julho de 2008

a miña primeira horta!


Pois si, xa vai un cantos post, que quería falarvos da miña primeira horta!

levo xa dende febreiro traballando nesta pequiña horta e sempre pensaba que merecía ser parte destos insomnio.

non me quita o son, pero uns cantos doloriños de espalda e resoplidos si me provoca. AAAHHHHHHHHHHH! porque me saen tantas malas herbas!!!!!???

E por que os meus tomates a día de hoxe non tan vermellos????!!!!

Quizáis son impaciente demáis!

E ademáis non debía queixarme, porque para a escasas duas horas que lle adico a semana, a cousa pinta ben, teño as tomateiras carjadiñas e as leitugas son fermosas como os tritóns do barbantiño.
Bueno, vou a ver si podo mellorar a miña hotiuña lendo neste blo que me recomendaron hoxe, e que pinta moi ben: Aprendiz de horticultor ecológico

2 comentários:

Chousa da Alcandra disse...

Tiñamos que adecuar a nosa cociña aos froitos das "malas herbas". De igual xeito que as silveiras, medran sin esterco nin coidados. Esto vai ser como coa xente; que non toda a que se nos achega veñen estercados e coidados...

Cóidame deses tomates, que son unha fonte importante de potasio. A min o potasio non sei se me gusta, pero os tomates sí!!

Un bico hortofructícola

Manel Vázquez disse...

téñenche boa pinta os tomates, este ano tardan en madurar pero cando repinten recóllelos, polos á sombra a carón dunha froita madura e póñense vermellos en pouco tempo.