23 de julho de 2008

un momentiño, estou actualizando a miña existencia nestas terras


Bueno, onte subín esta imaxe que resume un pouco moito o meu día a día e tamén o do compañeiro " tritón do Ribeiro", e hoxe poñolle verbas a esta imaxe!

Nalgun parágrafo perdido do longuísimo post anterior, comentaba que estaba tentando reencontrarme de novo con estas terras fertis que me acollen. E iso, neso ando, ou neso ando ás voltas.

Este debuxo resume moi ben un día no Ribeiro!

De punxín para castrelo e o triton de ribadavia para carballiño!
así, damos voltas á montaña do castro de San Sibrao de Las!
sí, Pena Corneira vixía que se cumpran os nosos soños, a autovía de vigo a madrid, sobre voa os días, e a autovía de carballiño a ourense, destrúe os soños do Barbantiño!

vivir no Ribeiro, eche unha lediacia, sobre todo nestes días de caloriña!
pero vivir no Ribeiro éncheme o corazón de contradicións!

bueno, ala!, vou seguir actualizando.

5 comentários:

Santo2000 disse...

Muito obrigado por passareste polo meu blogue.

Gostei muito de que chegasses ao meu blogue graças à web do Modesto, colega de estudos e amigo fora deles.

Um saúdo.

Santo2000 disse...

Pois si, estamos estudando Filologia Galega. Bom, mais que estudar, estamos matriculados em Filologia Galega, xd. Vimos de acabar segundo e em Outubro começamos terceiro.

Muito obrigado por deixares um comentário e muito obrigado também porque esse comentário tivesse palavras de louvança cara a minha persoa, xd. Digo-o polo de "boa xentiña".

Um saúdo.

tritón do ribeiro disse...

moi bo o post....jejeje

pois sí, ahí andamos moitas, dun río a outro, dunha montaña a outra...sempre rodeadas de viñedos, con Pena Corneira atenta a todo o que sucede, velando por que se cumpran os nosos soños...

sen dúbida un post que resume moi ben moitas das nosas ilusións,

noraboa¡¡¡ palmiriña

d´Agolada disse...

Canto tempo había que non se sabía nada de ti, alédome de que estés de novo en plena forma. Xa te terei ó tanto do blogoxogo. Saúdos

Chousa da Alcandra disse...

Levar a mochila cargada de contradiccións é unha boa aspiración vital. Cando todo vaia demasiado rodado...desconfía!!!
Haberá que ir dar un voltio por esas terras para probar os seus viños e respirar os seus aires.

Un bico caluroso