Pois si xa facía un tempiño que estaba a recuperar o pracer de soñar coa luz da lúa na miña frente, pois xa está, xa se acabou, agora ando outra vez insomne!
esta vez, é por que os espantosos pilares da autovía que nacen nas augas do Barbantiño non paran de medrar nin un so minutiño.
E logo?
Traballase neste espanto 24 horas o dia e noite, provocando que xa non sexa a luz da lúa a que ilumine as ventas da miña casiña. Agora, de noite dende O Viñao, temos unha imaxe futurista, como eses edificios raritos, cheos de luces que solen facer por .... bueno!, por alá lonxe!
Se queredes ver máis imaxes espantosas a beira do Barbantiño, chuza aquí. (Non apto para calqueira)
Se queredes ver máis imaxes espantosas a beira do Barbantiño, chuza aquí. (Non apto para calqueira)
Nenhum comentário:
Postar um comentário