28 de fevereiro de 2009

por un soño


Un día, case sen querer, puxen esta foto neste blog, nada intuía que sería o último que escribiría neste blog que me acompañou uns cantos anos.
 Fun a vivir ó medio do monte, puxen unha horta e aos meses de estar alí alguén me regalou Walden. Non tiña internet, aínda que a diario traballaba ensinando a outros que era esto da rede, dos blogs e das redes sociais. Como boa profesora, pasaba horas lendo cousas para contarlles, comentando nos seus blogs e fun deixando atrás insomniorizar. Un soño? sí. Foi un soño vivir no Ribeiro, nunha casiña para min soa, a miña horta e un montón de xente que gostaba do meu traballo.
 Insomniorizar sempre estará aquí, para de cando en vez ler e darme conta que tiña un montón de erros propios dunha disléxica compulsiva, observar que aínda non tiña a manía persecutoría de xustificar tódolos textos que escribo ( vedes este como o escribo no 2012 x está ben aliñadiño e xustificado), descubrir cousas de min que xa tiña esquecidas e ler comentarios de xente moi riquiña que atopei neste blog. 

Pasei un tempo á sombra na rede, agora se gostades podedes seguir a miña pegada aquí.

(Texto actualizado no 2012)

21 comentários:

Emilio disse...

O que di esa pintada e unha verdade grandisima novamente teño que dicir que estou dacordo contigo

vermella disse...

Si hai que dar a vida de balde o máis importante é por un soño,o que non soña morre en vida....
bicos.

Pau disse...

Sempre hai con que soñar. Dijocho eu que de iso creo que ainda sei algo.
Un bico dende o meu retorno a bogoesfera

Barreira disse...

Non soñar é imposible. Renunciar a soñar é renunciar a un mesmo.
Saudos.

Cuspedepita disse...

Non concibo a vida sen soños. O día que non teña ningún, estarei morta.

A lareira de Santiso disse...

Pobre do que non soña, esperto ou durmindo

Lapis-vermello disse...

Estou totalmente de acordo

Anônimo disse...

PALILA, ONDE ESTÁS?



Donde nos llevó la imaginación, donde con los ojos cerrados se divisan infinitos campos. donde se creó la primera luz junto a la semilla de cielo azul volveré a ese lugar donde nací. De sol, espiga y deseo son sus manos en mi pelo, de nieve, huracán y abismos, el sitio de mi recreo. Viento que a su murmullo parece hablar mueve el mundo con gracia, la ves bailar y con él, el escenario de mi hogar. ... -Antonio Vega-

Anônimo disse...

ANONIMO É CIRCO

Rober disse...

Tiven un soño, soñei que soñaba...

Anônimo disse...

Me gusta.

Chousa da Alcandra disse...

O bló está listo para recibir a tua escrita. Percíboo...

Anônimo disse...

por un soño... eso pensaba eu hai un par de meses... alá polas vacacións do mes de xullo... e soñando soñando volvo a compartir insomnios e sorrisos as beiras do barbantiño :)

Lapis-vermello disse...

Totalmente de acordo

Chousa da Alcandra disse...

Que o 2010 che resulte abundante en ledicias.
Bicos

Anônimo disse...
Este comentário foi removido por um administrador do blog.
Anônimo disse...
Este comentário foi removido por um administrador do blog.
Anônimo disse...
Este comentário foi removido por um administrador do blog.
Anônimo disse...
Este comentário foi removido por um administrador do blog.
Anônimo disse...

molto intiresno, grazie

Um brasileiro disse...
Este comentário foi removido por um administrador do blog.