14 de maio de 2008

ai días nos que o ceo amósase gris e húmido,
e a pesares das nostalxias que o enferruxan todo, ata a cadea da bicicleta!
ai días así,
como ese,
que teñen a hablidade de transformar ata as pegadas no chan,
ai días que se converten nunha celebración do humano, da delicia de vivir entre a auga e o ceo máis azul.


bueno, non sei, quizais púxenme de novo nostálxica, tan so quería recordar o pasado sábado.


atopámonos en Reigoso, e convidaronnos a subir xuntos,


cas conversas, que salpicaban no verde das follas dalgunha que outra figueira que se escondía nos

recunchos máxicos da terra.


E así, chegamos o San Miguel de Castrelo de Miño!

Graciñas por tan bo día, graciñas ao pobo de Noallo de Abaixo,
as súas xentes, as súas músicas.

a verdade,
hoxe díxome Ivan,
que cría que o San Miguel deulle sorte o ano pasado:
pois eu ben o creo,

pois a min reactivoume as nostalxias das que falaba o Lestón,
e máis sei que de seguro a min tamén a darme sorte.

Graciñas Senén, Ana, Etel, Pepe,
foi moi especial o ascenso ao ceo azul das augas de Castrelo.

Ah!, e graciñas ao cadelo que nos acompañou na volta!

8 comentários:

CIRCO disse...

ÁS VECES É BO DESINTERNITIZARSE PARA SUAR E DOORIZAR AS PERNAS E SENTIR O SENTIDO DA VIDA. SENTILA VIDA É SÓ ISO SENTEMENTO...E CAMIÑOS...CAMINITOS DE REBELDÍA E PURA PAIXÓN DE TANTO SENTEMENTO...ALGO ESPECIAL TIÑA QUE TER PALMIRA PARA QUE ONDE PASA NON SE ESQUEZAN DELA.

UN BEIXINHO

Anônimo disse...

graciñas as xentes de noallo polo convite¡¡¡¡ un paseo moi bonitiño¡

Ivan disse...

Jeje,moitas gracias Palmira tamen teño nova direccion ,www.ivanpaz.com,e un monton de novos cambios que vai haber,agora que teño algo de tempo e paciencia.
Um saudo. :)

PD:Hoxe fun a reigoso e ise bendito can andivo comigo todo o dia jajajaja

aopedofarelo disse...

Este tipo de saidas, quedan para sempre grabadas na memeoria das persoas.
Non sei porque non o facemos mais veces.

Ivan disse...

gustame o reproductor que puxeche,eu tamen puxen un este fin de semana pero quiteino por que se acaban por facer molestos,e a xente que non ten adsl entrecortase e é un soberano coñazo.
Un saudiño

d´Agolada disse...

Bonitas fotos, é importante facer de cando en cando este tipo de saídas, séntanlle ben ó corpo. Unha aperta.

asbeirasdoarnego disse...

Este tipo de saídas son nas que u se emociona e sobre todo son aquelas que sempre quedan no recordo. Apretas.
www.asbeirasdoarnego.blogspot.com

Etel Bande disse...

seis anos despois! e tanto que hai días que teñen a capacidade de transformalo todo, hai días que marcan un novo rumbo nas persoas, hai dias que un se encontra co seu destino, e non sempre un se da conta! por iso hai que saber escoitar no interior de cada un, ahí sempre temos razón.