

onde convertirnos en oviños cosidos,saborosos.
Dende Ribadavia, tirando cara Melón, e alí,
despois de seguir todo o camiño a dereita como nos dixo a señoriña,
e despois de coller dereito cara arriba
e tamén para esquerda chegamos a Tourón.
Unha desas aldeas, máis finisterres para mín que o propio finisterre,
onde a fermosura dos tellados caídos loitan ca barbarie do cemento esparcido en forma de praciña da aldea.
Dende Tourón víanse as pozas, dende Tourón eu facía plans para contruír un solemne meniño de meixelas adobadas que poder acurrucar no meu colo. un meñiño que aloumiñaría co lume que produce a queima de todalas palabras verquidas no chan da miña nenez.
O chan de granito, que leva mica.
O pedaciño de mica que levo no bolsillo do meu bolso que ten un gatiño nejro.
o mesmo bolso que o outro día destiñiu na lavadora
do meu novo recuncho cerca do Posío,
onde este noite durmín por primeira vez
o calor dun ovo cociño abraiado pola crueldade que sofren os pitiños
a fermosura da natureza é insubmisa e iso todavía a fai máis fermosa.
Como dicía o meu amigo anónimo:
...algún día el asfalto se cubrirá de verde...ese día ya no habrá personas para fotografiarlo...
2 comentários:
PRECIOSO!
AIRES DA MIÑA TERRA!!!!
UNHA APERTA
YOLI *
Canta beleza máis estara disposta Galiza a deixar matar para que a forza dos nosos rios vaia a Madrid parar?
Postar um comentário