15 de janeiro de 2007

Fermosas cicatrises

2007 casas doentes. Manuel Sendón

(http://manuelsendon.wordpress.com)
Proxecto patrocinado pola Consellería de Vivenda e Solo

Exposto na Fundación Pedro Barrie de la Maza dende o 15 de xaneiro ata o 1 de abril de 2007

casas0009.jpg No mundo rural galego a casa ten un significado moi especial e hoxe un gran numero delas están abandonadas, deterioradas ou en ruínas. Unhas semellan estaren cegas, outras mudas e todas elas doentes no doble sentido da palabra. Durante un ano estiven a fotografar estas casas doentes ao longo de toda Galiza. O meu obxectivo non era dun estudioso da arquitectura, non pretedín establecer un catálogo nin tipoloxía algunha, e aínda que as características destas casas aparecen claramente reflectidas nas fotografías, o meu achegamento situase noutro campo, interesándome fundamentalmente a capacidade de suxestión das imaxes creadas


casa-lola-de-andres.jpg

O documental de Olaia Sendón


A casa de Lola de Andrés (www.costadefunta.wordpress.com) conta a historia dunha casa doente.


Estrea mundial na fragua de gerardo, en Sardiñeiro_ Fisterra o sábado 27 de xaneiro as 20.00.


2 comentários:

insomniorizar disse...

fermoso como unha sicatris

Anônimo disse...

Eu xa tiven ocasión de ver o maravillosos documental de Olaia. É unha pasada! Teu irmán Chichí é un dos actores pricipais (é broma) e os sardiñeiráns lúcense coa plática (tamén é broma). Polo demais, estou convencido de que a xente vai vibrar con tan rigoroso e magnífico traballo dunha xove promesa que dará moito que falar. Tempo ao tempo.