19 de janeiro de 2007




Mulleres da pantalla.


Na súa longa historia o cine, bebendo da literatura ou das artes plásticas, representou todos os modelos de muller:.. así comenzaba Marcos Valcárcel o seu pequeno pero brillante espazo na Region de hoxe.

Tomei o café a eso das 11 nesta cidade de chispas q ajora me acolle, e pensei, encantame esta esquinita do xornal, a ver si o atopo na súa bitácora. E atopeine, nestas uvas da solaina que case acerto a ver dende a miña fiestra.

E quen non recorda lendo estas palabras, a imaxe de Nastassja Kinski con ese xersei un pouco vermello un pouco rosa en París-Texas, q fermosura de escea. Pero sen dúbida quedome co personaxe de él, Hunter, a sua presencia, os seus silencios, o se xeito no camiñar.

As veces, non sei. Teño días que me levanto e díjome; vou poñer a camiñar e camiñar e oxalá ninguén se acorde máis de min.

ai! como me justa París.texas, aínda a volvín a ver fai unhas semanas, cando ceaba un ovo cosido, ou mellor dito, un ovo pasado por auja.


MMMMM, que rico, xa boto de menos máis oviños, a ver si esta fin de semana disfruto dese pracer.






Um comentário:

Marcos Valcárcel López disse...

Graciñas polas gabanzas. Xa ves que te sigo no blog. E magnífica "París, texas", sen dúbida, con Nastassja Kinski, a muller panteira da segunda versión: a película era moito peor que a primeira, pero Nastassja insuperable. Que os ventos (e as augas) aurienses che sexan ventureiros.