7 de janeiro de 2007

oza







PRIMEIRO POEMA
Distanciándote ollei da pequenez o faro;
perdín o seu tanxer co desistir da néboa ...
Tal como cha acollín heicha enmestar ó facho
clandestino daquel maino berrón que canso
dorme nos nus poiais que os temporais esfregan.
Alexandre Nerium ( Fisterra)

Do mesmo xeito que vexo como se alonxa o faro de min cando subo a chalana verde e roxa que vimos o outro día en oza,

así vexote marchar,

carjadiño de redes, de nasas.

Alí, nese mar interior,

encheras as redes de sal,

a que eu empregarei para cociñar os máis saborosos contos que che contarei cando visite esa túa alta mar. sorte mariñeiro!


Um comentário:

rrebumbio disse...

hei encher as redes de soños e ilusións e levareinos a terra para compartilos contigo

e repararei as redes como facían hai anos os redeiros da coruña, alá pola tardiña, vendo como se poñía o sol