5 de janeiro de 2009

Hoxe noite de maxestades ando nerviosa e non durmo!


Pois xa está, xa se foi o 2008!
 A verdade e que ultimamente xa lle tiña aljo de manía o ano par este, e dende comezo do nadal ( que repito, non me justa nada nadiña) andaba con ansiedade por cambiar de ano.
 Serei parviña, como si zas!, o cambiar de ano, mudaran as cousas e todo foxe brillante como as pozas conxeladas do Barbantiño neste días.

A verdade e que a pesar de todo o 2008 foi o ano que máis colgada desta rede andiven, fose polos motivos laborais ou por ocio, se boto contas, estiven a metade do tempo navegando por estes ríos, e da outra metade que me queda estiven  bastante, Miño arriba, Miño abaixo, un chisco moi pequerrechiño nas augas das pozas de Tourón, 0 nas augas atlánticas e máis do que nunca pensara, despedíndome nos cementerios.  

Ahhh, pero tamén estivo a Xuntanza en Agolada, que tantos folgos me deu e me sigue a dar,  este ano foi tamén o dos/das alumnos e alumnas da miña aula de Castrelo de Miño, que viven con tanto entusiasmo como o seu alcalde esto da internet,os blogues, e a fotografía e dende fai días o feixebuk ( eu polo de ajora señores e señoras non me atoparán por eses lares).
E ooooooooooooooooooooooohhh!  Mimadriña, tamén, sí, tamén foi o ano das entradas, dos post, da web 2.0 da camara de fotos nova, así pois escribín non so dende o insomnio, senón tamén no Restaurante Lestón, en Castrelo de Miño, en Leiro, na Rede de Dinamización, contei moitas destas cousas da rede no Enrédate, dinlle vidilla ao Picasa 3, tolei e namoreime do Ubuntu, aprendín das maravillas do software libre co Brenlla e co Victor, compartín horas de traballo con Tamara, Bárbara e Víctor entre outros.

Ai, moito moitos contidos para unha cabeciña tan dispersa como a miña, estresada andiven con tanta leria, que si o flocos, que si o zeembo, que si os fillos, e o panoramio, e mimadriña o Reader que aljo de tempo me aforrou....ai unha casa chea !

E que dicirvos, como rematei o ano....
jajja,
  •  pois creando un novo blogue co que estou moi  ilusionada, e que pronto vos presentarei.
  • Pedíndolle os reis unha tableta gráfica para debuxar e fedellar todavía máis cas miñas fotos e crear aljún que outro dibuxo animado.
E sabedes como o empecei, jajajjajaja
  • Por fin, dedicandolle tempo a miña conta de flickr, jajaj ajora ando enjanchadiña por eso as veces me vedes pouco ou caladiña polo blogspot. Uff, pero hoxe non paro eh! Mira que falo e falo, jejej debe ser que estou nerviosa por que é a noite de reis, e teño máis insomnio ca nunca.
Ai, que caerá na miña friestrela!

Boa noite a todos e a todas, xa me contaredes que vos trouxeron!
Ah! e bo anonove!

6 comentários:

Chousa da Alcandra disse...

É certo que esto da interrede ten tantos recunchos que, se un lles fai caso, enrédante seguramente máis da conta. De momento, ainda que ando probando doutras augas, o mundo do blog segue a ser a miña primeire elección. Por todo o que me aportou no ano 8 e por como se desenvolven os acontecementos nel.

Estaremos atentos a ese novo teu no que tantas ilusións estás a poñer.

Espero que os Reis se portasen ben contigo. Aquí non houbo queixa, tendo en conta que fun algo malvado...jajaja.

Un bico!

Angel Utrera disse...

¡Que envexa...¡, tes moito do que alegrarte, si señor....e ainda mais cos bos propositos ao comenzar o ano....
Eu non vou a enrredarme ainda mais, xa é dabondo cos dous blogs...Quero facer couas fora, non seguir enforrolado ..pero gustame ver como axente proba .
Bicos, noraboa sobre todo polos rapaces, e sigue adiante....TEs moito mais por facer
Unha aperta

Angel Utrera disse...
Este comentário foi removido pelo autor.
vic disse...

Creo que debuto no teu blog como comentarista... que non como lector.

Vaia nivelaso que me das poñendo o meu nome a lado de Brenlla, por suposto que non merecido... demasiado crack para min...

Eu estou un pouco coma ti, aínda que a miña afección a internet ven de lonxe, creo que neste ano que remata me din de alta en tantos sitios que non dou feito, un deles é o facebook, xa caín nas súas fouces e creo que será complicado saír... aínda que no fondo ten cousas boas...

E xa que estou a comentar, vou aproveitar e darlle a todo... :D Es unha crack no Enrédate, de verdade, que soltura para explicar como funciona internet e que claridade... Ole, ole e ole!!

Vémonos na rede neste 2009 entrante e esperemos que algunhas-moitas veces na vida real.
Bicos e bo aninovo!!

Chousa da Alcandra disse...

Esto...e falando do zeembo, non te terías fixado ti nun tal Satna que publica unhas fotos moi chulas de Antas?
;-)

paideleo disse...

Pois eu ando menos por estes mundos e noto días faltos de musa.
Tamén tiña a idea de crear unhas conta de fotos ou un blogue pero é muito traballo engadido.
Sorte cos proxectos todos que ti podes.