28 de dezembro de 2006


Foto dun ovo cosido, quentiño, quentiño, gracias Pablo



Dime se se pode medir


A distancia que separa


A túa boca do meu ventre


O cemiterio de peixes


Onde habitan as algas


O lugar exacto dos corpos


Onde nos matamos cada vez


Mais xuntos.




(...)




Estamos aquí


De costas á lúa


Con toda a pel mollada


E os brazos ateigados de febre


(o amor é para nós


un cruce de dores e vacíos)


pola fiestra entran os morcegos


e as outras gueivotas xa se foron


hai


alomenos


tres minutos
coa pel mollada e a cara triste


somos un lugar
un lugar de cetáceos




Fragmentos de dous poemas de Estevo Creus (Cee-A Coruña, 1971), do poemario AREADOS

4 comentários:

rrebumbio disse...

desde este buratiño vexo xunto a tí q as cousas podémolas ver de xeito diferente a como se nos presentan

bagoa disse...

non só podemos velas de xeito diferente, eu creo que o que vmos por este buratiño e o que nos contruímos,sí, as vemos; pero o máis fermoso e que as transformamos.

E moi fermosa esta foto, e redonda, como a saborosa xema dun ovo quentiño.
O rrebumbio de pequeno comía nas noites de inverno ovos pasados por auga con azucar? a min encantabanme.

Anônimo disse...

este libro é precioso

bagoas insomnes disse...

tes razón anonimo, para min é o mais fermoso dos libros, encántame. outro precioso, de nenos, Matrionuxca.