vale, vale, seino, xa mo advertides case a diario os que me rodean, pero hoxe vou dar motivos dabondo para que me chamedes friki con todas as letras! je.E que eu sonche así, cando engancho aljo que me gusta, nada, teño que sabelo todo, probalo, ata o ultimo trebello que se oculte para despois contarlle a todo o mundo que tal foi o invento.
Jeje, así que de novo, vos volvo a falar do Google, e das suas aplicación tanto me facilitan a min o traballiño, como o google Docs, ou o meu xoguete de cabeceira o Google Picasa ou mesmo o Blogger.
pois ajora resulta, como di hoxe o País e o Código Cero na súa portada, que estes pensantes de Google, van sacar o próximo trebello a probar, e tratase dun novo navegador , o Google chrome. Pois eu quero probalo xa, ainda que vai ser compricado que eu decida deixar a miña actual relación co Firefox 3!
Bueno a parte de esta nova, que me enche de emoción frikitecno(as veces pouco)lóxica ( son cousas do traballo!!!!!!!), hoxe na portada do Código Cero, veñen outras novas interesantes, polo menos, para os que nos adicamos a esto da dinamización tecnoloxica como :
Preséntase en Compostela o libro Las TIC para la igualdad (estaría mellor que estivese en formato pdf, pa descargar todas e todos, pero q lle imosfacer!!!!)
Planeta estrea unha web para axudar aos docentes a fomentar a lectura ( na miña intención non está facerlle promoción a esta web, pero pode ser interesante para os educadores)
Publican un mapa de puntos de acceso Wi-Fi abertos en Compostela (aquí en Castrelo de Miño, temos un mapa similar, jejej)
Publicada na Rede unha relación de alternativas a Google e Yahoo! (Agora que todo semella un tirapuxa entre Google, Yahoo! ou Live Search, non está de máis que lembremos que hai máis portas onde pechar e que non todo ten porqué ser un xogo de dous ou de tres, como di o amigo Sarasqueta, jejej!)
jjeje, como vedes esta última nova, ven a suavizar un pouco esta tremenda loucura friki-publicitaria-pouco loxica que as veces me provoca o google de marras.
por certo, tampouco é a miña intención , poñervos o Código Cero polas orellas, pero e que hoxe que ando libre mirando as novas por internet, eche o que ai, e decidin dar soltura-loucura.
2 comentários:
Xa había un tempo que non che facía visita. Oes, encantoume o troco de cabeceira. É preciosa.
Pois eu non vexo que resulte ser friki amosarse aberta a probar as novas que van saindo nesta fiestra/solaina virtual.
Ademáis se despois nos contas que tal van...que mais lle podemos pedir!!!
Postar um comentário