E que eu sonche así, cando engancho aljo que me gusta, nada, teño que sabelo todo, probalo, ata o ultimo trebello que se oculte para despois contarlle a todo o mundo que tal foi o invento.
Jeje, así que de novo, vos volvo a falar do Google, e das suas aplicación tanto me facilitan a min o traballiño, como o google Docs, ou o meu xoguete de cabeceira o Google Picasa ou mesmo o Blogger.
pois ajora resulta, como di hoxe o País e o Código Cero na súa portada, que estes pensantes de Google, van sacar o próximo trebello a probar, e tratase dun novo navegador , o Google chrome. Pois eu quero probalo xa, ainda que vai ser compricado que eu decida deixar a miña actual relación co Firefox 3!
Bueno a parte de esta nova, que me enche de emoción frikitecno(as veces pouco)lóxica ( son cousas do traballo!!!!!!!), hoxe na portada do Código Cero, veñen outras novas interesantes, polo menos, para os que nos adicamos a esto da dinamización tecnoloxica como :
Preséntase en Compostela o libro Las TIC para la igualdad (estaría mellor que estivese en formato pdf, pa descargar todas e todos, pero q lle imosfacer!!!!)
Planeta estrea unha web para axudar aos docentes a fomentar a lectura ( na miña intención non está facerlle promoción a esta web, pero pode ser interesante para os educadores)
Publican un mapa de puntos de acceso Wi-Fi abertos en Compostela (aquí en Castrelo de Miño, temos un mapa similar, jejej)
Publicada na Rede unha relación de alternativas a Google e Yahoo! (Agora que todo semella un tirapuxa entre Google, Yahoo! ou Live Search, non está de máis que lembremos que hai máis portas onde pechar e que non todo ten porqué ser un xogo de dous ou de tres, como di o amigo Sarasqueta, jejej!)
jjeje, como vedes esta última nova, ven a suavizar un pouco esta tremenda loucura friki-publicitaria-pouco loxica que as veces me provoca o google de marras.
por certo, tampouco é a miña intención , poñervos o Código Cero polas orellas, pero e que hoxe que ando libre mirando as novas por internet, eche o que ai, e decidin dar soltura-loucura.
2 comentários:
Xa había un tempo que non che facía visita. Oes, encantoume o troco de cabeceira. É preciosa.
Pois eu non vexo que resulte ser friki amosarse aberta a probar as novas que van saindo nesta fiestra/solaina virtual.
Ademáis se despois nos contas que tal van...que mais lle podemos pedir!!!
Postar um comentário