29 de agosto de 2008
onde o Miño é Atlántico
E decidín estirar a corda que me manten amarrada, pendurada deste carballo a beira do barbantiño, para deixame ir, e desembocar no Atlántico a fin de poder, un día máis, ser auga que lisca correndo vida abaixo!
25 de agosto de 2008
Cheguei!
xa estou de volta dende fai uns dias, así que prontiño vos contarei cousas de merendas e navegacións! así como outra historia pendente!
8 de agosto de 2008
Pechado por deriva
3 de agosto de 2008
"A Costa da Morte non pensa no AVE, pensa en poder chegar en autobus a Santiago nunha hora e media e non en catro"

di o amigo Manolo, Alexandre Nerium, nunha máis que interesantísima conversa que sae publicada estos días en Vieiros.
Cal é a Nocturnidade do Sal?Nocturnidade é a realidade cotiá na que está inmersa a Costa da Morte, na que estamos mergullados, a que está dentro de nós. É a nosa vida. E o libro leva tamén un subtítulo, que é Trala raxor do día. Se te fixas, o poemario vai dende a raxor, que é a primeira palabra, ata a auga tinta. Os mariñeiros non se rexen pola claridade do día, nin polo resplandor do sol, os mariñeiros réxense pola auga. Cando lle chega a luz do sol, a auga faise transparente, até que acaba na auga tinta, que é cando volve perder a transparencia, e por iso se rexen os mariñeiros, polas augas e tamén polas mareas. O día importa pouco na pesca, como non importa por exemplo o outono. Os mariñeiros miran sempre para o mar, o que miran son os temporais que lles afectan a eles, no lles importa moito que caian as follas, o outono como se ve desde terra. Mírase cara ao mar, que de onde veñen os malos tempos e o inverno. En Fisterra dise por exemplo 'ao chegar a Xunqueira, o inverno cheira'. A partir do quince de agosto xa empeza o inverno, que non o outono.
Sen dúbida, un dos libros máis esperados por estas augas, que xa empezan a cheirar o inverno. Moitas gracias Manolo polas túas verbas, o teu carisma, e o sorriso da túa familia e como non da tartaruga ben mantida do francisquiño!
31 de julho de 2008
Castrelo de Miño, a nosa enerxía ten valor!
Pois si a semana pasada daba conta do parque ambiental( sexa en Carballeda de Avia, ou en Punxín ou Maside), esta semana, e sen deixar pasar máís tempo, débolle a estas terras que me dan de comer, lembrar esta reinvidicación:Recomendovos estes dous artigos aparecidos en prensa que dan conta do atropello e dor.
Isto é un atraco a man armada e un novo regalo do Estado ás poderosas empresas hidroeléctricas
Video de informe semanal sobre o atropello da luz!

Fotografías emprestadas e sen o seu permiso deste blo
29 de julho de 2008
xabarín que che vin!
bueno!,
xa vedes, o que non publiquei durante o mes de xuño,
vouno recuperando agora, os pouquiños.
o caso é que como dixen con anterioridade, había cousiñas que quería compartir con todos vós e unha desas historías é a dos xabaríns.
O calidonia e o 3 miniaturas me recomendaban que escribise no meu bloguo das miñas aventuras a beira do barbantiño, e unha de estas aventuras é a dos xabaríns!
bueno!
, aventuras ,
aventuras non sei se merecen a categoría de aventuras, pero eche así1
o caso, que na miña horta pulula unha gran familia de xabaríns, e digo gran familia, porque xa os teño máis que vistos e estudiados; ata nunha ocasión vin catro de paseo por diante da ventá da miña cociña, eranche dous grandes e dous pequerrechos. E a pasada semana vin outros tres, pero o grande, erache moi grande, e os pequenos, un jabatiños pequerechiños, que nada tiñan que ver cos catro de fai un mes.
así que polo menos, teño arredor de 7 xabaríns facendome compaña.
deben xa estar moi afeitos a min, despois de xa un ano compartindo beira do Barbantiño con eles, porque a verdade nin caso fan de a min, cando lles dou unha palmada para asustalos, ou lles boto unha cantinela.
nada!
nin caso!
me miran de esguello e continúan comenzo as mazás que a min non me da tempo a comer!
Ademáis, sonche moi precisos na súa visita diaria, a eso das 9.30 da noite xa empezan a verse;I eu, que son moi boíña, e moi puntual, non falto a súa cita e alí estou, cos bruces pejadiños a fiestra para sacarlle fotos.
Vou ter que mercar unha camara destas de video, para facer un video documental como eses da 2.
Bueno, a pesar de todo o que revolven na horta ou no camiño, a min no me molesta, agás cando tirán un carballo de tanto revolver o seu arredor, ou tamén son moi molestos, cando vou unha noite destas de Ribeiros por Ribadavía, ou por Ourense, e a volta os teño esperandome no portal.
E vos imaxinaredes que están por fora do portal, a que sí!
pois nada diso, eles viven tan ven coma min! Están esperándome dentro da finca, por dentro do porta!
E claro, ahí si que me------- ao velos, a ver quen baixa a abrir o portalito!
Bueno, despois de tentalo cas luces longas, cas miñas palmadas, co pito do coche e nada,de nada,
poño á Amy Whinhouse esa, e ala!
listos!
despavoridos saen.
E é que a amy, eche moito!
E ata me recorda a eles,
xa que ten unha cabeleira similar!

24 de julho de 2008
parque da merda non!
NON, NON!
HOXE ENTERÓME DESTAS NOVAS: nova en adega, nova na Voz de Galicia, , e a nova na Región.
E unha vez máis, caeseme o alma ós pes, nos pode ser!?
despois de tantas veces que eu levo denunciado o calamitoso estada do Barbantiño, da autovía que está a quebrar a nosa comarca, agora esta nova.
non, non , resistome, haberá que facer algo.
Xa vos irei comentando!
Resistíame a colcación do parque en Carballeda de Avia, e agora resístome unha vez máis.
a miña primeira horta!

Pois si, xa vai un cantos post, que quería falarvos da miña primeira horta!
levo xa dende febreiro traballando nesta pequiña horta e sempre pensaba que merecía ser parte destos insomnio.
non me quita o son, pero uns cantos doloriños de espalda e resoplidos si me provoca. AAAHHHHHHHHHHH! porque me saen tantas malas herbas!!!!!???
E por que os meus tomates a día de hoxe non tan vermellos????!!!!
Quizáis son impaciente demáis!
E ademáis non debía queixarme, porque para a escasas duas horas que lle adico a semana, a cousa pinta ben, teño as tomateiras carjadiñas e as leitugas son fermosas como os tritóns do barbantiño.
Bueno, vou a ver si podo mellorar a miña hotiuña lendo neste blo que me recomendaron hoxe, e que pinta moi ben: Aprendiz de horticultor ecológico

Assinar:
Postagens (Atom)