12 de novembro de 2007

Tan só os peixes mortos seguen a corriente do río


Facía xa máis de un par de meses que tiña que haber dito algo nestas follas acerca do calamitoso estado do Barbantiño. Pois tócame moi, moi de cerca, concretamente a 16 metros da porta da miña casa.

A finais de xuño e por motivos do trazado da autovía libre de peaxe ( que non libre de custo, xa que o custo ambiental é incalculable, a desaparición da ruta de 23 km do Barbantiño supón un alto custo cultural e ....), comenzou a tala de centos de carballos a altura do concello de Punxín e máis concretamente da aldea do Viñao, así como o aforcamento do río; todo isto sen ter en conta nin a poboación de dita aldea, nin as opcións expostas polo estudo medioambiental. Todo isto para asentar a tres metros dos fogares dos veciños do Viñao un pilar para a ponte den 90 metros que ensombrecerá unha das rutas máis fermosas e extensas que conta o sur do noso páis.

Como veciña da aldea pregúntome porque non aproveitar o trazado do ave para trazar a autovía e así non foder máis os limites entre a comarca do Ribeiro e a do Carballiño; será acaso como diso un dos traballadores que nese lugar se atopa, por “vistosidade da obra”, e polo tanto por publicidade e propaganda electoral;

o fin e o cabo, facer pasar a autovía por toda a ladeira de Punxín, atravesar todo un pobo como Santa Cruz, ademáis de facer un enganche faraónico ca autovía das Rías baixas que ensombrecerá unha vez máis o castigado Miño; é moito máis vistoso.

Si señores, non cabe dubida, é vistoso para eles ( como os carteles da vergoña que están colgados na N-525 a altura de Piñor onde o Sr. Touriño lle da as gracias a si mesmo por tal obra libre de peaxe) e para nós, xa que cando a obra remate os usuarios terán unha fermosa vista da aldea do viñao a sombra da ponte que se levantará a 90 metros do Barbantiño, ademáis doutras lindezas.


Pero esta fin de semana cando me dispuña a preparar as fotos que ían a ilustrar estas palabras que tanto se me retrasaron, recibo os bos días coa portada da Voz de Galicia,
Realmente desoladora.

E como natural da comarca na que desemboca o Xallas, preguntome ademáis:

InCOMPETENCIA’???????????

AI! Fai tempo que me din conta que a incompentencia non entende de cores, nin de ríos, nin de mares, non entende de partidos políticos. A incompetencia eche como a ponte que vai ensombrecer o Viñao, a incompentencia anda a ensombrecer unha e mil veces máis os mares, os montes, os rios do noso país.


Os peixes,
Mirade as fotos dos peixes,
E o video,
Ese video eche coma a metáfora de q a nosa terra baixe polo retrete.

Non quero despedir este post sen recordar:


*e todo isto cando se "celebra"!!!!!!!!!!!!!!!!! o 5º aniversario do desastre do prestige. Sen dubida mal mes para a nosa costa, sen dubida non facía falta "celebrar" tremenda enchenta en Carnota, nin celebrar tal recordo. máis ben, o meu parecer vai facendo falta máis competencia.

e pau anda co mesmo rebulir ca min.

7 comentários:

Pau disse...

O que se tiña que levar a corrente dos ríos é a todolos politicos. Os uns e os outros.E tamen a personaxes detestables como o Villar Mir

Anônimo disse...

o domingo pasado todos nos levantamos coa noticia do "por qué no te callas" de don juna carlos hacia Chávez. Seguramente as formas de chávez non foron as máis correctas (manda carallo ter que falar de formas correctas e que o estado españos exija respeto as antigas colonias do reino, cando máis ben debería pedir perdón e todo o robado e aniquilado durante siglos). Chávez, Ortega e compañía estaban a queixarse lexítimamente entre otras cousas do colonialismo capitalista que mafias como Repsol, Banco santander, Telefónica, e compañía están a exercer nestes países. O "paraleleismo" venme a cabeza porque se o señor villar mir a través de Ferroatlántica é capaz de cometer estos atropellos e quedar completamente impune, que non serán capar de facer estas empresas colonialistas en centroaérica e sudamérica?

insomniorizar disse...

tes todiña a rasón amigo Pau,
río abaixo e colandose polas turbinas aniquiladoras da central do Villar mir. O final, virá algun que outro e o nomeará fillo predilecto da galiza ou galego do ano.

Tes rasón, que coño celebran algúns?

Durmir?
Estos días que ando dez horas colgada da rede por motivos profesionais, andote de reflexiva e empezo a crer que a escesiva información o que provoca e un efecto anestesiante que nos impide pronunciar palabra algunha...
uff,
amigo Pau,
que ostias nos queda?

insomniorizar disse...

rrebumbio,
o dis todo neste comentario.
E quev pregunta máis rotunda, vou tomarme a licenza de publicar o teu comentario no blo.
bicos

caro disse...

Xa se sabe que unha das maneiras mais sutis de pechala boca os demais e enchendolles o papo,por ahi � por onde se ga�an os votos. Celebracions gastronomicas moi recurrentes por parte dos nosos politicos. Qu� puxeron de men� persebes petroleados? Non hai nada que celebrar, non � motivo de festa o desgraciado 13N.

Anônimo disse...

É unha verghonsa que ninghén fagha nada neste tema. Ónde están os dirixentes do país que votamos para botalos (a eles, aos responábeis da desfeita) a patadas pola suprema incompetencia na que sumiron ao país? Cada día que pasa estou máis indignado e confío menos no que somos, no que fomos e no que, de seguirmos así, deixaremos en herdanza. ¡Que país, meu deus, qué país!
Modesto

insomniorizar disse...

ai modesto!
q boa esa frase de :

"Ónde están os dirixentes do país que votamos para botalos"