21 de junho de 2005
TES UN SOÑO?
Todos temos un soño, unha esperanza, un oxalá,
Todos temos unha pantasma tamén, un pesadelo no noso armario empotrado
Todos temos pes para camiñar
Non hai camiños para a paz, a paz é o camiño
Oxalá que a espera non desgaste os nosos soños
O futuro é un caleidoscopio de dúbidas
Pero sinceramente cremos que cando un home deixe de derramar sangue de outro home estaremos falando de futuro,
En serio,
Convidámosvos a crernos cando dicimos FUTURO.
UN FUTURO SEN VIOLENCIA,
A non violencia non equivale á pasividade, senón que se trata dunha maneira de ser e unha maneira de actuar que aspiran a resolver conflictos, a loitar contra a inxustiza, construír unha paz duradeira.
Resulta máis doado explicar a violencia que a non violencia.
A violencia vese de contado en que consiste: golpes asestados, bombas que estoupan, o sangue correndo,... sen embargo, que é exactamente a non violencia?
A non violencia non fai ruído. É invisible.
A opinión xeral é que o non violento é aquel que sempre rexeita a guerra, que é pacifista. Outros din que é un covarde que se nega a loitar.
Sen dúbida comprenderedes que a non violencia non é iso.
É unha forma de actuar sen violencia contra a violencia
Oxalá que a espera non desgaste os nosos soños
Dirixímonos cara a un mundo de mestizaxe cultural e de razas que ningún muro nin ningunha lei poderá frustrar. A integración é a única solución sensata e racional, na que todos temos que poñer man.(foto de mans).
A interculturalidade enriquece o noso espírito os nosos costumes,
É a nai da creatividade.
Oxalá que a espera non desgaste os nosos soños
En moitas das diferentes dimensións do mundo social non
Se percibe a equidade da muller que exise a Declaración dos dereitos Humanos:"Todos os seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos"
Oxalá que a espera non desgaste os nosos soños
Todos os nenos deberían de ter infancia,
A infancia non e traballo, non é obrigas, non é ablación
Non é ser adulto
A infancia é ledicia,
E ollos cheos de bicos,
Inocencia
é xogos
E os xogos non entenden de medos,
De discursos,
De fame
De grandes eventos
Oxalá que a espera non desgaste os nosos soños
Temos un soño
Cada un de nos ten o seu
Xuntos
Hoxe
Podemos camiñar cara un camiño
Cara un oxalá
A ti , a min, e a todos , correspóndenos participar para facer realidade os soños
Os teus, os meus, os de todos.
Texto introductorio do discoforum "Tes un soño?" realizado en maio do 2004 na Facultade de Educación Social de Santiago de Compostela. Canción: OXALA,Silvio Rodriguez
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Nenhum comentário:
Postar um comentário