21 de junho de 2005
cando diluvia
"cuando diluvia
pienso que está cayendo
el mar de arriba"
Mario Benedetti
E hoxe é un día propicio para deixarte esvarar polas sábanas caleadas, e mirar infinitamente pola fiestra,e ver como o mar cae de arriba, y entón, doume conta que o mar ,o noso mar fisterrán, estame a dar unha visita, que o recuncho mais noso de mar de fora está en Compostela, de visita e que polo tanto como boa anfitriona que son, teño que recibilo con todo o meu calor; así que decido sair a rúa e empaparme do mar que nos viu amandanos a veira dos seus peitos, e que feliz e húmeda me atpei neses intres, por ter outra vez as miñas bragas empapadas de amor e ledicia, como aqueles dias.
E despois voltar a casa co arrecendo salgado dos nosos fluidos, do teu semén que a tanto mar me sabía, e esvarar outra vez pola cama, e así, molladiña de éxtase , de cansanzo quedar a durmir no recordo e no recodo do teu abrazo.
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Nenhum comentário:
Postar um comentário