29 de agosto de 2008

sopla


pois nestes tres aniños, creo que ainda non vos contei que eu non nacín un dia!
si,si, é certo, non nacín un día, nacín nun periodo de cinco dias!!

nacín o 28 de agosto para uns, para outros hoxe, un 29 e para outros un 1 de setembro.

Eche o que hai!

A miña irmá, disque nacín as 6 da tarde un dia coma hoxe, miña nai di que o 28, meu pai disque non se lembra ben, pero el rexistroume o 1 de setembro, por que un dos meus irmáns naceu tamén ese dia, e así íamos ijualitos! ainda que recoñece que cree que non foi o dia 1 de setembro o dia que nacín.

así que os demáis damiña familia, que non somos poucos, pois escoollen un pouco o ía segun lle conveña.

Eu, pois a verdade e que non me lembro e si teño que escoller, escollo o 29, hoxe; xaque miña irmá, e moi meticulosa en todo e sempre o lembra todo, ademáis cando eu nacín ela xa tiña 11 anos e dixome que se acordababen, xa que despois de tanto home, por fin tiña unha irmanciña.

Miña nai, bueno, ela e que depende do ano di unha cousa, así que non é fiable! je!

Bueno, pois o dito vou soplar as velas?

6 comentários:

Brais Santomil disse...

Parabens!!! Parabens!!! Parabens!!!

Um por cada dia nom que che dim que estás de aniversário, xD.

Anônimo disse...

PARABÉNS... DE CANDO QUERA QUE SEXAS

paideleo disse...

Parabéns algo tardíos...ou non.

Chousa da Alcandra disse...

Sexa como fose. Felicitacións!!

(Fíxate que foto mais semellante á tua puxen eu fai unha temporadiña:
http://chousadaalcandra.blogspot.com/2007/10/espora-dico.html )

Un bico!

Anônimo disse...

Pero Muller...¡¡¡
¿Como podes esquecer o dia da tua chagada ao mundo.....mira ti¡¡¡
Sexa como sexa e cando sexa...Un ano mais,....¿mais bella, ou mais vella??. Mais nova , sabia e feliz.
PArabens e moitos mais
Un bico

Pau disse...

Veña, veña, quedamonos co 29. Felicidades de novo