
Por casualidade e gracias a travesía dun bo amigo din con este proxecto, e non dubidei en falarvos del, xa que entre todos podemos facer máis grande este proxecto tan interesante,
eu xa ando toliña con él e co
Barbantiño.
Estas inspeccións realízanse como mínimo dúas veces ao ano, en base á metodoloxía e materiais de apoio proporcionados polo Proxecto Ríos que axudarán a cumplimentar as Follas de Inspección.
Unha vez recibidas estas na sede do Proxecto, elaboraranse informes anuais cos datos subministrados por todos os/as participantes nas distintas campañas Asemade, recolleranse nunha base de datos accesíbel nesta web. Posteriormente os grupos que así o desexen poden participar no Programa de Adopción de Ríos, co que se fan responsábeis, nalgunha medida,de velar polo estado de aqueles treitos de río que escollan.
¿Quen pode participar?
O Proxecto Ríos está aberto a calquera persoa ou colectivo que asuma o compromiso de levalo adiante: asociacións de veciños, de pescadores, deportivas, culturais, sociais, centros educativos, escolas de tempo libre, grupos familiares ou de amigos ....
Todo o mundo é benvido , teña ou non coñecementos prévios sobre os rios.
Ámbito xeográfico
O Proxecto Ríos abrangue toda Galiza, e dentro dela, calquera río de certa entidade que discorra nalgún dos seus treitos polo noso país
o domingo pasado todos nos levantamos coa noticia do "por qué no te callas" de don Juan Carlos hacia Chávez. Seguramente as formas de chávez non foron as máis correctas (manda carallo ter que falar de formas correctas e que o estado español exija respeto as antigas colonias do reino, cando máis ben debería pedir perdón e todo o robado e aniquilado durante siglos). Chávez, Ortega e compañía estaban a queixarse lexítimamente entre otras cousas do colonialismo capitalista que mafias como Repsol, Banco santander, Telefónica, e compañía están a exercer nestes países. O "paraleleismo" venme a cabeza porque se o señor villar mir a través de Ferroatlántica é capaz de cometer estos atropellos e quedar completamente impune, que non serán capar de facer estas empresas colonialistas en centroaérica e sudamérica?