2 de agosto de 2007

terrakota


o concerto do 24 en compostela foi xenialLlllllllllllllllllllll!

facía moito tempo que as pernas non corrían detras da liberdade. increibel!


non esquezades pinchar no titulo deste post



Terrakota é o máis destacado representante dos "ritmos étnicos" en Portugal, despregan música orgánica enraizada na África Negra, que bebe sonoridades do Sáhara, do Caribe, da India, de Occidente, e que crece baixo o sol de Xamaica para finalmente chegar ata os nosos oídos enriquecida nunha forma e nun estilo que son un e todos ao mesmo tempo.A música de Terrakota pódese describir como unha efervescente fusión de sonoridades provenientes tanto do continente como dos destinos migratorios do pobo africano. Todas estas influencias (reggae, sons do Sahel, música mandinga, Wassolou, Chimurenga Sound, música árabe, ritmos afro-cubanos, Soukous, etc...) catalízanse nunha reacción de enerxías vibrantes e explosivas.Terrakota é fusión sen ningún compromiso, "tudo misturado" como din eles, unha bomba de enerxía estalando e mandando chispas por todos os lados, un viaxar entre sons, ritmos e voces que non teñen fronteiras pero si unha identidade e unhas raíces ben fortes.


texto extraida da paxina do festigal

Um comentário:

Anônimo disse...

xeniales, increibel!