3 de julho de 2007

incompetencia

O que nos faltaba por oir. O rexedor fisterrán, José Manuel Traba Fernández, recentemente reel
ixido por maioría absoluta nos pasados comicios locais, acaba de manifestar o seu desexo de construir un campo de golf, nada máis nin nada menos que na paraxe única e paradisíaca de "O Rostro". A información (que non ten desperdicio algún) podes contrastala pinchando aquí.
Así de boas a primeiras, ignoro se esta perigosa e "brillante" idea do primeiro munícipe fisterrán xurdíu das súas neuronas conservadoras ou se, pola contra, responde a un novo "pelotazo urbanístico" a concretar, canto antes, nun dos lugares máis fermosos e singulares de toda a costa atlántica.
Desde a miña humilde posición de atento observador -que non político-partidista nin nada semellante- quero pensar que esta nova saída de ton responde unicamente a un mal soño que o político popular vén de padecer por mor das lumaradas de San Xoán. Todo o mundo sabe que os excesos de fume provocan, en non poucas ocasións, mareos e indisposicións varias que, de non seren tratadas a tempo, poden derivar en paranoias e alucinacións certamente preocupantes.
Menos mal que, segundo afirma o propio alcalde,
Urbanismo semella ter o medicamento idóneo para tratar a susodita enfermidade. A ver se é verdade e comeza xa pola recta da Anchoa, que, dada a súa extrema sintomatoloxía, precisa coa máxima urxencia dun tratamento efectivo e acorde co que se espera dun estado de dereito libre e, sobre todo, responsábel.

Texto extraido da web de: http://www.modestofraga.com/
e

Ai mimadriña! cando penso q xa nada peor pode sair da boca,
das mans, das actitudes desa panda,
sorpresa!
esto é intolerable, ten razón moralla,
temos q erguernos dunha puñetera vez e gritar ben lonxe,
porque si deixamos pasar isto, xa non nos queda nada.
dios mió!
coñezo a xente de xapón, madrid, barcelona, mallorca, parís, mallorca, barcelona, arxentina, brasil ...
aos q eu mesma lle ensinen este areal,
e todos confirmaban o q moitos sabemos,
qUE ROSTRO É A PRAIA MÁIS FERMOSA DO MUNDO ,
QUE REúNE A PAZ E A BRAVURA,
Q TEN UNHA LUZ MÁXICA ... E MIL COUSAS MÁIS.
non podemos pasar por isto, ai q montala!
así q propoño q escribamos cartas masiva a prensa, radio e televisíon,
q nos saquen en PROTESTE YA! DE CAIGA QUIEN CAIGA,
EN ESPAÑA dIRECTOE eONDE SEXA,
CON TAL Q ESTAS BARBARIES CHEGEN A TODO O MUNDO,
E O Q AS DIXO MORRA DE VERGOÑA
e se de conta da súa incompetencia.
montemos unha exposiciçón de fotos da praia( eu teño para dar e tomar),
fagamos un foro, unha mesa redonda, un recital...
pero Fagamos algo por favor.
eu a miúdo ando a voltas co insomnio, pero hoxe firmo.
Palmira Castro. sardiñeiro

3 comentários:

insomniorizar disse...

a estas dúas preguntas do entrevistaddor, o alcalde de fisterra responde:


-E no turismo aínda queda moito por facer, ¿non cre?

-Melloramos moitísimo en oferta de prazas hostaleiras, e non descarto construír un campo de golf no municipio. Levamos dous anos mirando o tema, pero Urbanismo non está moi de acordo.

-¿Deses que levan miles de vivendas ao redor?

-Se queres un campo de golf singular, os empresarios pídenche facelo en O Rostro, e non está mal. O problema é o que ven detrás, porque os promotores non son oenegués, por iso só sería posible facelo mediante a axuda da iniciativa pública.


MIMÁ! E TAN FORTE ESTA CONTESTACIÓN, DENOTA TANTA, TANTA, TANTISIMA IGNORANCIA, TANTA DESFACHATEZ, TANTA FALTA DE SENSIBILIDADE, TANTA PREPOTENCIA.

bárbara disse...

tócate la moral!!!!!!!!!!!!
pero quen narices é este pedazo de idiota???
Palmiriña quitácheme as palabras da boca. Ía comentar xusto esa última pregunta porque ten tela a cousa.
Sabes que para o que fagades eu me apunto.
BASTA XA DE ESTAR GOBERNADOS POR ESTÚPIDOS!!!!!!!!!!!!!!!!
BASTA XA DE ESTAR GOBERNADOS!!!!!!!!!!!!!!!!

Pau disse...

hsbra que estar atento os vindeiros meses, porque cando o río soa auga leva. Grazas a Deus
esta xa non é a xunta de Fraga, e xa non lle sera tan doado sairse ca sua.