12 de junho de 2007

na exposición de Tamara Lempicka....



as 12 do mediodía, estabamos cravadas as dúas para ir ver en vigo a exposición de Tamara Lempicka. Karo era a segunda vez que ía e foime explicando cousiñas que lle contara a guía da exposición.

as mans, as mans das mulleres de Lempicka son fermosísimas, e arrecenden ao biscoito de noces que fixen un par de veces e que sempre se me queima un pouquiño polos bordes.

Os poucos, fomos vagando por aquela sala gris ata que caiomos no recuncho incómodo onde se proxectaba un video de 21 minutos sobre a vida da arista. Un video que foi realizado especialmente para a exposición de caixa galicia e que persoalmente considero que era algo escaso e superficial.

Aínda así, pola metade do video aparece unha imaxe dunha muller morena cuns ollos que me entusiasmaron;
apenas un par de segundos
e unha mención de varios nomes de actrices de hollywood que compartían amizade coa artista. Entre eses nomes estaba Dolores del Río.

Así que en canto cheguei a casa, senteime a buscar o nome deses ollos, ese rostro femenino, que eclipsou a miña atención.
E alí estaba,
esos ollos falaban da diva do cine mexicano Dolores del Río, e puxénme a investigar sobre o seu traballo e vida, e claro, atopeime con datos tan interesentas como que


era íntima amiga de Frida Kahlo,


compartiu amizade con Lempicka


e Marlene Dietrich dicía que Dolores era a muller máis fermosa de Hollywood.

Agora non podo parar de preguntarme que oscuridade ou que claridade agochan os ollos de algunhas mulleres para que enfeiticen a mulleres como as tres mencionadas anteriormente.


Sen dúbida, Dolores del Río, fermosísima muller, como podedes apreciar na foto,
e sen dúbida buscarei algunha das súas películas.

Nenhum comentário: