15 de maio de 2007






A Cidade de San Cibrán de Lás é un xacemento que, pola súa configuración formal e monumental, constitúe un verdadeiro arquetipo dos castros da etapa final da cultura castrexa, coincidente coa romanización do NW peninsular.

As escavacións realizáronse en tres fases moi separadas no tempo: Entre 1922 e 1925 dirixeas don Florentino López Cuevillas; paralízanse despois ata 1948-49, datas nas que as reanuda don Xaquín Lorenzo Fernández.

Finalmente dende 1980 prodúcese o reinicio, con novas escavacións e a recuperación das descobertas anteriores.

A importancia histórica do xacemento vinculase coa primeira sistematización da cultura castrexa realizada por Cuevillas.

Pero tamén resulta importante pola súa propia grandiosidade e pola avantaxe de coñece-lo seu nome antigo: LANSBRICA, que aparece nunha das tres inscricións aparecida ata o momento. Unha, na porta do solpor do recinto central, fragmentada; outra, breve e sobre unha rocha cunha adicatoria a Iuppiter; a terceira, unha ara adicada a Bandua Lansbrica, na que se recoñece a raiz do topónimo local, testemuñado tamén por algúns documentos medievais.
O castro, un dos de maior superficie de Galicia, está constituído por dous recintos amurallados, dispostos de xeito case concéntrico e lixeiramente alongados no senso norte-sur.
máis información en ARENTEIRO
Encántame a comarca do Ribeiro, e pronto trasladareime alí.Deixo atrás a cidade das Chispas, a rúa do perigo, pero prometo convidarvos o meu novo curruncho deitado o ladiño do Barbantiño, xa veredes, xa veredes!

3 comentários:

Anônimo disse...

Dama das bágoas fermosas: xa es unha experta en arte antiga e chispeante!! a miña noraboa!! ademais de ser aficionada a escalar árbores (complexo de chimpancé, jiji).
Sorte e diversión na idílica terra do Ribeira (e coidado co viño!!)
bicos
Moralla

Anônimo disse...

benvida Palmiriña¡¡¡¡
aquí te agardamos por estas terras, onde poderás construír a túa propia Lansbrica...espero que empece unha nova etapa de sorrisos e lalalás¡¡¡

un bico¡

insomniorizar disse...

encantanme os chimpancés, son moi monos!

cando eu era pequerrecha de idade, porq de altura sejo a ser pouco máis de metro e medio, facía parrtir o cú de tódolos homes que viñan o bar do meu avó, ca miña realista imitación de Chita.

un segredo, sigoo facendo moi ben, máis agora só o fago na intimidade que me agasallan os bos amigos. un bico moralla.Fermosa terra a que tes.