8 de abril de 2007


xa non podo disimular que tou morta de medo, esperando a chegada das nostalxias
a ser foto pendurada

8 comentários:

empanada de atún disse...

medo
medo
medo?
medo teño eu!

bagoas insomnes disse...

ai empanadiña, q rica que estabas, sen dúbida a máis rica de todalas ricas empanadas de atún feitas polas mans sabias das boas avoas.

fixechesme pasar mala noite, máis mereciu a pena.

aultre narai disse...

gústame a foto da bici... por certo, nunca reparaches en que as fotos penduradas nos vixían e espían?

o medo vaise pasando del. un biquiño!

Pau disse...

A vida é un continuo camiñar, no que mirar atras deberianos servir para aprender, e no que nunca deberíamos de ter medo en camiñar paseniñamente cara diante, disfrutando dos poucos bos momentos que se atopan nese camiño, e sabendo elexir ben os teus compañeiros de viaxe. Non teño medo a ser foto pendurada, máis si teño medo a nunca ser esa foto pendurada.
Bicos dende a miña costa

Choivinha disse...

Miña nena eu protéxonte de todas as pantasmas que teñas no teu armario empotrado, e debaixo da cama, e na rúa, e de todo o que faga que a miña serea do mar de fisterra se sinta abrumada.
Eres un ser marabilloso.
Persoa doce.
Sensible.
Unha empatía que eu non coñecera antes.
Unha enerxía que fai que a choivinha sexa capaz de evaporarse para convertirse en nubes e poder espallarse por mares de soños e algodón morno.
Querote, querote moito Palmiriña

bagoas insomnes disse...

tes moita pero q moita razón aultre narai, o medo ai que afojalao. io medo eche arma doente.

quero mandar un forte abrazo a tódolos que acudichedes a deixar comentarios neste post. Graciñas polo caloriño do voso abrazo, máis estou ben, sinxelamente plasmei en pouquiñas palabras o q me viu a cabeza nese momento, como fago moitas veces.
Toui ben,non paro de camiñar polas costas do miño.

Pau, o dito, a proxima vez que baixe, vémonos. e choiviña, vaia fotos me pos no blog, q me teñen ....toliña.un bicaso

Torreira disse...

E o que che teñen as nostalxias srta...que como se boten a un!

Irlanda disse...

Como duelen las nostalgias...un blog interesante y precioso.