12 de março de 2007

Anos máis tarde, nun artigo –sobre un libro meu- publicado na Voz de Galicia , (29-03-1984) relembrando aquel tempo, diría o propio Carlos:

"Somos amigos desde os turbulentos anos da adolescencia, cando pensábamos que ser escritor consistía en ler versos de Rimbaud e prosas de Zola no cementerio de Xinzo, polas noites".

E engadía estas palabras de Zola, extraídas dos Contos a Ninón:

"Gústanme os cementerios cando o ceo está azul e vou a eles coa alma desnuda, como a unha cidade santa na que todo é amor e perdón" (14/05/2002)
A casares habíalle gustar este día de verde nostalxia no ceminterio de Sardiñeiro, dende o camiño novo
Carlos Casares: unha obra de amor a Galicia.
Por Francisco Domínguez Romero
Podedes atopar o artigo enteiro en
Teño que recoñecelo, cando Marcos me convidou a participar na homenaxe a Carlos Casares, sentinme un pouco desconcertada, máis, pouco sabía eu da obra de Casares, non sendo o que había lido e estudiado no COU de letras.
Fun a fin de semana a Sardiñeiro e fixo uns días de sol e verde nostalxia ( o domingo todos íamos de verde na casa), así que tomei camiño polo Caribio, polo camiño do ceminterio ata chegar a Rostro,
máis alá do recunquiño que me sirve sempre de abrigo.
Descubrín un Rostro desconocido, enorme, máis aínda;
e alí ata atopei as miñas raices familiares ocultas.
Voltei a casa e saquei esta foto, e pensei que tiña que ampliar a miña percepción das cousas, que tiña que sair un pouco do vestidiño de Palmira. Cheguei a ourense e recuperei aquel libriño do Galo de Antioquía que Marcos me regalara e lino. Despois pola noite no meu camiño nocturno e diario polos blos, atopeime, sen querer e do mesmo xeito que atopei a amplitude do Rostro, este fragmento de Francisco Dominguez Romero que recordaba estas palabras de Casares. Así que como sempre, os camiños unense e levannos ata boas mans e abrazos nos que acurrucarme, e decidín xuntar a foto deste domingo pola mañá do ceminterio de Sardiñeiro con estas palabriñas.
Agora prometo descubrir o Casares do que con tanto entusiasmo fala Marcos e o Modesto.

2 comentários:

Anônimo disse...

gústame esa visión... ademais, todos acabaremos alá, mellor se é con días azuis

un bico

Marcos Valcárcel López disse...

Graciñas por colaborar. Faite con "Un país de palabras" (Galaxia): é a mellor porta ó mundo de Carlos Casares e non te defraudará. Depois buscarás todos os seus libros.