30 de janeiro de 2007


boto a camiñar,
deixándome caer.
a esquerda está a rúa do perigo
e non podo deixar de pensar
na miña fuxida.
Na miña cama,
branca
na que nunca durmín, nin amei,
deixo un puñado de estreliñas quentes adormecéndose.
mañá farei o mesmo camiño, pero de volta,
rápido,
para espertalas estreliñas entre o meu colo,
e un gran bico
e como a escuma na beira dos meus pes,
irán perdendo o seu calor.
mudarán e tan só serán
un pixama vermello vello que me regalaron en nadal fai xa uns 6 anos.
é dificil,
marchar
cando deixas un puñado de estrelas quentes na cama branca na que nunca durmín, nin amei.

3 comentários:

Moralla disse...

Moita tenrura, nostalxia, inocencia, fantasía, moi de bágoas insomnes perdida no labirinto ourensán...

insomniorizar disse...

encantame o labirinto ourensan, e iso que todavía comenzo estos dous ultimos días a percorrelo, por q atopar un lugar no que pasdar o día exiliada non foi doado. e por riba, despois a mudanza que foi rápida, pero chea de arranxos.
gustame cando pola noite saio cara o traballo e percorro dende o posío, a rúa colón, deixando o perigo a man esqueerda e entón empezo a durmir o insomnio que non durmo e zas!, xa tou na habana.encantame ir a traballar cando todo o mundo sae do traballo.

Anônimo disse...

aquel día as estreliñas espertaron antes de tempo...sentiron a túa presencia pola rúa do perigo...o teu olor, o teu andar...o teu sorriso cando te sabes preto da túa casa

que tal a estrea da cama?