madrugo, tomo o riguroso café con leite e léo no xornal:
-A min recórdame moito aquilo que dicía Bill Bryson, o escritor de viaxes, de que hai tres cousas que non se poden facer na vida...
A ver.
-Non se pode estafar á compañía de teléfonos, non se pode conseguir que un camareiro te vexa antes de que el decida verte, e non se pode, que é o que me recorda o seu libro, volver a casa.
Volver a casa, desde logo, é imposible. As outras dúas cousas non lle sei.
-¿E por que cre que pasa?
Porque unha vez que un marcha xa está marchando sempre. Ao volver tamén. Marcha de onde marchou.
-Pensei que o dicía porque nunca se volve ao mesmo sitio.
Nin volve a mesma persoa, tampouco. Pero é máis que iso. É que chega un momento en que só queda o tránsito. E aí estamos todos.
( anaco da entrevista de Roberto G. Méndez a Daniel Salgado )
Daniel Salgado asina "Éxodo" en Xerais Poesía
Um comentário:
E ben ?
Postar um comentário